
Anna é unha nena xudea que vive coa súa familia. Cando os nazis, con Hitler á cabeza, gañan as eleccións, vense obrigados a fuxir, primeiro a Suiza, logo a París e despois a Londres. O título do libro fai referencia ao xoguete preferido de Anna. Cando teñen que saír da súa casa, a nena ten que elixir un so xoguete e escolle o máis novo, un can de lá, en lugar do seu compañeiro de toda a vida, o coello rosa. Porén, xamais o esqueceu, e chega a soñar que Hitler, grazas ao seu coello, se converte nun home bondadoso.
AMAYA VIQUEIRA TODEA (1º de ESO D)
No hay comentarios:
Publicar un comentario