Estes días temos xa a última reunión do noso club de lectura. Por iso quero deixar constancia das lecturas que máis vos gustaron de todas as comentadas ao longo do curso en todos os grupos:
Este poema refrexa ben a filosofía do Día das Letras Galegas que celebramos hai pouco, e que se resume en dúas palabras: FALADE GALEGO. Se queredes escoitalo cantado este é o enlace.
Miniñas da Cruña,
d' amabre despejo, de falas graciosas e pasos ligeiros, deixá de Castilla os duros acentos: falade, miniñas, falade gallego.
Cand’ é que vos ouzo, a patria esquecendo, falar esas duras palabras de ferro, non sei o que sufro, non sei o que peno: falade, miniñas, falade gallego.
Mas cando falades nos patrios acentos, envoltos no voso angélico alento, parece que escuito un canto do ceo: falade, miniñas, falade gallego. Pondal, Eduardo (2001). Poesía galega completa II Poemas Impresos; edición de Manuel Ferreiro (Santiago de Compostela: Sotelo Blanco)
Este poema é un clásico para o mes de maio. Se queredes escoitalo cantado este é o enlace. Aquí vén o maio de frores cuberto... puxéronse á porta cantándome os nenos; i os puchos furados pra min estendendo, pedíronme crocas dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños, calados e quedos; que o que é polo de hoxe que darvos non teño. Eu sónvo-lo probe do pobo gallego: pra min non hai maio, ¡pra min sempre é inverno!...
Cando eu me atopare de donos liberto i o pan non me quiten trabucos e préstemos, e como os do abade frorezan meus eidos, chegado habrá entonces o maio que eu quero.
¿Queredes castañas dos meus castiñeiros?... Cantádeme un maio sin bruxas nin demos: un maio sin segas, usuras nin preitos, sin quintas, nin portas, nin foros, nin cregos.
Curros Enríquez, Manuel (1996) Aires da miña terra (Vigo: AS-PG)