"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

jueves, 22 de diciembre de 2011

FELICES FESTAS LECTORAS


Nestas vacacións que comezamos hoxe temos dúas lecturas compartidas. Por un lado unha que quedou pendente, A fauna máxica de Álvaro Cunqueiro, por outro El misterio de la cripta embrujada de Eduardo Mendoza.
Vémonos, pois, para comentalas o martes 10 de xaneiro á hora de sempre e no lugar habitual.
Pasará Papá Noel pola nosa biblioteca?
Conseguiremos máis amigos lectores para o noso club?
Teremos que esperar para sabelo ao ano que vén.
FELICES FESTAS LECTORAS!

sábado, 26 de noviembre de 2011

GREGUERÍAS

RAMÓN GÓMEZ DE LA SERNA definía as súas greguerías como "fatales exclamaciones de las cosas y del alma al tropezar entre sí por pura casualidad", é dicir, que pensaba que unha greguería xorde de maneira espontánea da impresión que algo causa na nosa imaxinación. Para que comprobedes se estades de acordo con esa definición, sirvan de exemplo estas:

Las conchas de las playas son los restos de los arroces que se come Neptuno.
No hay nada que enfríe más las manos que el saber que nos hemos olvidado los guantes.
No sé por qué la I mayúscula ha de quedarse sin su punto.
El que aprende qué hora es "las diecinueve y cuarenta y tres" puede viajar lo que se le antoje.
El epitafio es la última tarjeta de visita que se hace el hombre.

Se queredes ler máis premede AQUÍ ou AQUÍ ou, mellor aínda, pasade pola biblioteca e pedide en préstamo este libro. 

martes, 15 de noviembre de 2011

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: NOVEMBRO


RECUERDO INFANTIL (Antonio Machado).

Una tarde parda y fría
de invierno. Los colegiales
estudian. Monotonía
de lluvia tras los cristales.
.
Es la clase. En un cartel
se representa a Caín
fugitivo, y muerto Abel,
junto a una mancha carmín.
.
Con timbre sonoro y hueco
truena el maestro, un anciano
mal vestido, enjuto y seco,
que lleva un libro en la mano.
Y todo el coro infantil
va cantando la lección:
"mil veces ciento, cien mil;
mil veces mil, un millón."
.
Una tarde parda y fría
de invierno. Los colegiales
estudian. Monotonía
de la lluvia en los cristales.

Poema en audio: Recuerdo infantil de Antonio Machado por Fernando Fernán Gómez

domingo, 30 de octubre de 2011

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: OUTUBRO


Co comezo deste novo curso, moitas cousas teñen mudado no noso club. Porén, tamén desexamos manter  as vellas costumes, e é por iso que, un mes máis, retomamos a nosa sección "Poemas de xuño e xaneiro".
Nesta ocasión, o poema foi elixido pola nosa compañeira Ana, e é, de feito, moi apropiado para nós, que, como alumnos do ensino secundario, estamos a vivir un momento das nosas vidas no que xa non somos nenos, mais aínda non somos adultos:

¿Dónde está el niño que yo fui?

Dónde está el niño que yo fui,
sigue adentro de mí o se fue?

Sabe que no lo quise nunca
y que tampoco me quería?

Por qué anduvimos tanto tiempo
creciendo para separarnos?

Por qué no morimos los dos 
cuando mi infancia se murió?
                                   Pablo Neruda

lunes, 24 de octubre de 2011

EL RÍO QUE SE SECABA LOS JUEVES


Os 94 relatos que compoñen este libro están repletos de humor e en ningún caso nos deixan indiferentes. Pero son realmente relatos? Sexan o que sexan, algúns deles chegan a provocar o sorriso (recomendo o relato los reyes godos y la mnemotecnia) mais outros deixan ao lector frío ou incitan a pechar o libro.
Están ilustrados con 30 sedutoras imaxes de Pablo Amargo cheas de metáforas.
O autor Víctor González ten un blog no que publica máis relatos. Recomendo el hombre y el león ou Tintín
Como din que un libro leva a outro, tal vez cando o terminemos poderíamos botarlle unha ollada ás greguerías de R. Gómez de la Serna. Qué vos parece?

domingo, 16 de octubre de 2011

ACORDOS DO CLUB DE LECTURA 2011-2012

O pasado martes 11 de outubro tivemos a primeira reunión do noso club. En realidade máis que unha reunión foi unha toma de contacto para comezar a camiñar. Eliximos o libro "El río que se secaba los jueves", un libro de contos curtos co que queremos pasar ratos agradables lendo e logo comentando entre nós.


Ademais tomamos o primeiro acordo deste curso:
Acordo 1º:-Non  xulgues un libro pola súa portada.

viernes, 30 de septiembre de 2011

DE NOVO XUNTOS


O traballo de organización propio de principios de curso non nos permitiu ata agora fixar a primeira reunión do noso club de lectura. Pero xa é tempo de reunirnos a ler e falar de libros, así que...
PRIMEIRA REUNIÓN DO TRASNO NA REDE o martes 11 de outubro ás 18.10. Difundídeo entre os compañeiros de 3º e 4º de ESO para ampliar o grupo.

lunes, 2 de mayo de 2011

O DIARIO DE ANA FRANK

Pechade os ollos por un só momento e dicídeme que vedes... negro, non sí?
Agora pechádeos de novo, que vos transmite esa cor que estades a ver? Talvez represente escuridade, ou dor, ou medo, ou morte ou, talvez, simplemente, nada...
Para rematar, imaxinade todo iso sen pechar os ollos, na vida real, se é que a iso se lle pode chamar vida, claro...
Nós só o imaxinamos, ela viviuno...

Ana Frank



Ana Frank... o seu nome debera de terse perdido no tempo, na crueldade dun tempo escuro, como tantos outros o fixeron... Porén, foi o seu mellor compañeiro nos seus últimos anos  quen  conseguiu que isto non sucedese, mais, quen foi este inesquecíbel amigo? O seu DIARIO.
Un diario que nos transmite as confesións íntimas dunha nena xudea que non puido vivir,  confesións que son agora desveladas para que os sentimentos dunha nena entrelazados coa desgraza que foi a Segunda Guerra Mundial ensinen ao mundo que cada persoa merece unha vida chea de cores como un lenzo e non un triste ollar negro...
Ogallá algún día o mundo deixe de imaxinar en negro e esperte, abrindo os ollos, para sempre!

jueves, 21 de abril de 2011

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: ABRIL

Este mes en "Poemas de xuño e xaneiro" non vos deixamos un poema, xa que, nesta ocasión, queremos que leades este texto de García Lorca e que digades qué vos parece, mais, tranquilos, no mes de maio voltaremos con novas composicións líricas!

Federico García Lorca

Medio pan y un libro
Alocución de Federico García Lorca al pueblo de Fuente Vaqueros (Granada) en septiembre de 1931:

"Cuando alguien va al teatro, a un concierto o a una fiesta de cualquier índole que sea, si la fiesta es de su agrado, recuerda inmediatamente y lamenta que las personas que él quiere no se encuentren allí. «Lo que le gustaría esto a mi hermana, a mi padre», piensa, y no goza ya del espectáculo sino a través de una leve melancolía. Ésta es la melancolía que yo siento, no por la gente de mi casa, que sería pequeño y ruin, sino por todas las criaturas que por falta de medios y por desgracia suya no gozan del supremo bien de la belleza que es vida y es bondad y es serenidad y es pasión.

"Por eso no tengo nunca un libro, porque regalo cuantos compro, que son infinitos, y por eso estoy aquí honrado y contento de inaugurar esta biblioteca del pueblo, la primera seguramente en toda la provincia de Granada.

"No sólo de pan vive el hombre. Yo, si tuviera hambre y estuviera desvalido en la calle no pediría un pan; sino que pediría medio pan y un libro. Y yo ataco desde aquí violentamente a los que solamente hablan de reivindicaciones económicas sin nombrar jamás las reivindicaciones culturales que es lo que los pueblos piden a gritos. Bien está que todos los hombres coman, pero que todos los hombres sepan. Que gocen todos los frutos del espíritu humano porque lo contrario es convertirlos en máquinas al servicio de Estado, es convertirlos en esclavos de una terrible organización social.

"Yo tengo mucha más lástima de un hombre que quiere saber y no puede, que de un hambriento. Porque un hambriento puede calmar su hambre fácilmente con un pedazo de pan o con unas frutas, pero un hombre que tiene ansia de saber y no tiene medios, sufre una terrible agonía porque son libros, libros, muchos libros los que necesita y ¿dónde están esos libros?

"¡Libros! ¡Libros! Hace aquí una palabra mágica que equivale a decir: «amor, amor», y que debían los pueblos pedir como piden pan o como anhelan la lluvia para sus sementeras. Cuando el insigne escritor ruso Fedor Dostoyevsky, padre de la revolución rusa mucho más que Lenin, estaba prisionero en la Siberia , alejado del mundo, entre cuatro paredes y cercado por desoladas llanuras de nieve infinita; y pedía socorro en carta a su lejana familia, sólo decía: «¡Enviadme libros, libros, muchos libros para que mi alma no muera!». Tenía frío y no pedía fuego, tenía terrible sed y no pedía agua: pedía libros, es decir, horizontes, es decir, escaleras para subir la cumbre del espíritu y del corazón. Porque la agonía física, biológica, natural, de un cuerpo por hambre, sed o frío, dura poco, muy poco, pero la agonía del alma insatisfecha dura toda la vida.

"Ya ha dicho el gran Menéndez Pidal, uno de los sabios más verdaderos de Europa, que el lema de la República debe ser: «Cultura». Cultura porque sólo a través de ella se pueden resolver los problemas en que hoy se debate el pueblo lleno de fe, pero falto de luz".

martes, 5 de abril de 2011

CALPURNIA TATE E A SITUACIÓN DA MULLER NO MUNDO ACTUAL (Nicolás)

Clara Campoamor, unha das mulleres que loitaron polo sufraxio universal en España

Aproveitando que o mes de marzo rematou fai pouco, considero que é un moi bo momento para comentar un tema que ten moito en común co argumento de A evolución de Calpurnia Tate: A situación da muller no mundo actual.
Preguntaredes cal é a relación que garda este tema tan polémico co mes que deixamos fai pouco e co libro que estamos a ler no club actualmente. A primeira pregunta é moi fácil de responder: o Día da Muller Traballadora celébrase o día 8 de marzo. A resposta da segunda é moito máis complexa: no libro descríbese como, fai un siglo, a situación das mulleres era moi diferente á dos homes, e, de feito, o mellor exemplo diso é a propia protagonista. Calpurnia é unha nena que está a recibir a educación típica dunha muller, é dicir, ten que aprender a falar francés, coser, cociñar e tocar o piano. Isto lévame a formularvos dúas cuestións:

Credes que a situación da muller ten mudado moito desde finais do século XIX ou, pola contra, segue a parecerse moito?  

Por que estarían as actividades que realiza a nena protagonista asociadas ao mundo das mulleres? Segue a existir unha división entre actividades femininas e masculinas?

Agardo as vosas respostas!

Entrada de Isaque

Ola!!!
son Isaque.
empezei a ler o libro de Calpurnia Tate, e... lei o primeiro capitulo, e de verdade que intentei ler o segundo capitulo, pero non pude porque me pareceu aburridisimo
pero a nena é intelixente, e xa esta.

PAULINA ♥

Ola!!
Son Paulina.
Comecei a ler un libro titulado "A evolución de Calpurnia Tate". Paréceme un libro bastante aburrido e infantil, xa que está escrito para nenos de once anos. Trata de unha nena á que lle gusta a bioloxía e, coa axuda do seu avó, comeza a adentrarse nese mundo.
Leín os primeros  tres capítulos e non me gustaron moito.
Esta é a miña opinión. Cal é a vosa?

♪♫CHARLENEEE♫♪

ola!
Son Charlene,
comecei a ler o libro, "Calpurnia Tate", a verdade é que non me gusta moito, paréceme un pouco infantil para este club de lectura. O libro trata dunha nena (Calpurnia) que non é como o resto das nenas do século XIX, non lle gusta coser nin tocar o piano, o que lle apasiona é a ciencia, en especial a a bioloxía. Como niguén da súa familia está de acordo con que unha muller se dedique á ciencia esta faise amiga do seu avó.
Bueno, esta é a miña opinión seguro que hai moitas máis.
Chaoooo

Entrada de Natalia

Eu son a nova membra do club de lectura do Rafael Dieste polo que non poido comentar o libro que líchedes pero dichéronme que se chamaba "La evolución de Calpurnia Tate". A partir de agora tamén utilizarei o blog para comentar os meus libros e os que lemos no club.

jueves, 31 de marzo de 2011

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: MARZO


Có mes de marzo chega a primavera, que, como ben di o dito, o sangue altera, e, por iso, é un dos mellores momentos do ano para dedicarlle o noso poema do mes a ese sentimento que tanto ten feito pola poesía: o AMOR.
Velaquí un dos poemas máis fermosos que falan sobre este contradictorio sentimento que é á vez tan apropiado para esta época.

Desmayarse, atreverse, estar furioso,
áspero, tierno, liberal, esquivo,
alentado, mortal, difunto, vivo,
leal, traidor, cobarde y animoso;

no hallar fuera del bien centro y reposo,
mostrarse alegre, triste, humilde, altivo,
enojado, valiente, fugitivo,
satisfecho, ofendido, receloso;

huir el rostro al claro desengaño,
beber veneno por licor süave,
olvidar el provecho, amar el daño;

creer que un cielo en un infierno cabe,
dar la vida y el alma a un desengaño;
esto es amor, quien lo probó lo sabe.
                        
                                                                     Lope de Vega

Seguro que, coa chegada dos días máis largos e soleados, tamén vós sabedes xa cal é o voso poema de temática amorosa favorito, así que, a que agardades, comentade dicindo cal é!
Faltan TRES poemas máis!

martes, 15 de marzo de 2011

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DOS ROSAIS

Hoxe acudimos á biblioteca dos Rosais, que é a biblioteca que temos máis preto do Instituto, a escoitar cómo se conta un conto. A receita para facelo ben é "moito entusiasmo". E falta nos vai facer porque dentro de algunhas semanas tócanos a nós contar o conto aos pequenos desa biblioteca, actividade que imos preparar con moito entusiasmo.
O primeiro é ver qué libros nos gustan, porque se non nos gustan non seremos quen de trasmitir a historia que contemos. Unha vez elixido o libro (ou os libros), o segundo será repartir os papeis entre nós e practicar. A cousa promete. Xa iremos contando.

viernes, 4 de marzo de 2011

Por fin, LA EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE

Calpurnia Virxinia Tate, Callie Vee, é unha nena que vive nun pobo de Texas. A pesar de que a súa nai insiste en que aprenda a tocar o piano, coser e cociñar, ela está máis interesada no que ocorre tras a porta cerrada da biblioteca, ou no laboratorio do seu avó. Pouco a pouco irá gañándose a este señor un tanto huraño e empezará a colaborar con él nas súas observacións do medio natural, aprenderá quén é Darwin, qué son as especies e as subespecies e tamén o idiotas que se volven os irmans maiores cando se namoran.
Así empeza...
"Aquel veran de 1899, eu tiña once anos e era a única nena de sete irmans....."
¿QUEN EMPEZA A COMENTAR?

martes, 15 de febrero de 2011

ACORDOS DO CLUB DE LECTURA

Porque cremos que os libros nos abren camiños que doutra maneira quedarían cerrados.
Porque cremos que os libros nos axudan a entender mellor nosas vivencias, a crecer, a ser persoas.
Porque cremos que ler esperta a nosa imaxinación e as gañas de aprender.
Porque cremos que un é o que é polo que leu.
Porque cremos que a lectura compartida enriquece as persoas.
Porque cremos que ler e comentar logo con outros esa lectura é un verdadeiro pracer.

POR TODO ISTO creamos este club de lectura e xa levamos dous anos.
Agora cremos chegado o momento de establecer uns acordos que marquen un sendeiro claro por onde todos poidamos camiñar.



Acordo 1- Todos temos dereito a ler un libro enteiro, pero tamén temos dereito a deixalo sen terminar se non nos gusta.

Acordo 2- Todos hemos de respetar as opinións e os gustos dos demais.

Acordo 3- Debemos dar unha oportunidade a todos os libros aínda que o autor, título ou portada non nos guste.

Acordo 4- Acordamos ler aqueles libros que eliximos entre todos.

Acordo   5- Acordamos procurar ler o libro elixido para a data establecida.

Acordo 6- Todos debemos colaborar no funcionamento do blog (escribir entradas, facer comentarios...)
  
------  Acordos aprobados polo conxunto do club de lectura.
------  Acordos sen aprobar polo conxunto do club de lectura polo momento.

jueves, 3 de febrero de 2011

POEMAS DE XULLO E XANEIRO: FEBREIRO

ITACA
Cuando emprendas tu viaje a Itaca
pide que el camino sea largo,
lleno de aventuras, lleno de experiencias.

No temas a los lestrigones ni a los cíclopes
ni al colérico Poseidón,
seres tales jamás hallarás en tu camino,
si tu pensar es elevado, si selecta
es la emoción que toca tu espíritu y tu cuerpo.
Ni a los lestrigones ni a los cíclopes
ni al salvaje Poseidón encontrarás,
si no los llevas dentro de tu alma,
si no los yergue tu alma ante ti.
Pide que el camino sea largo.
Que muchas sean las mañanas de verano
en que llegues -¡con qué placer y alegría!-
a puertos nunca vistos antes.
Detente en los emporios de Fenicia
y hazte con hermosas mercancías,
nácar y coral, ámbar y ébano
y toda suerte de perfumes sensuales,
cuantos más abundantes perfumes sensuales puedas.
Ve a muchas ciudades egipcias
a aprender, a aprender de sus sabios.
Ten siempre a Itaca en tu mente.
Llegar allí es tu destino.
Mas no apresures nunca el viaje.
Mejor que dure muchos años
y atracar, viejo ya, en la isla,
enriquecido de cuanto ganaste en el camino
sin aguantar a que Itaca te enriquezca.
Itaca te brindó tan hermoso viaje.
Sin ella no habrías emprendido el camino.
Pero no tiene ya nada que darte.
Aunque la halles pobre, Itaca no te ha engañado.
Así, sabio como te has vuelto, con tanta experiencia,
entenderás ya qué significan las Itacas.


C. P. Cavafis. Antología poética.
Alianza Editorial, Madrid 1999.

Edición y traducción, Pedro Bádenas de la Peña


Despois de ler este precioso poema de
Cavafis, propoño dúas cousas: 
1) escoitar a canción Itaca de Lluis LLach. 
2) ver o anuncio que hai máis abaixo para comprender as pegadas dos mitos.


Anuncio sobre o poema de Kavafis

miércoles, 26 de enero de 2011

SEMANA DA PAZ



Con motivo da celebración no Instituto da SEMANA DA PAZ quero que vexades esta presentación feita noutro centro e que contén moitos poemas que falan de paz. A maioría deles son poemas escritos por autores estranxeiros, autores de países de moitos alumnos e compañeiros de clase.

Propoño que votemos o que máis nos guste, e o que gañe terá o privilexio de saír na páxina central de arquivos do trasno. QUE VOS PARECE?

 

 DIA DE LA PAZ 2011


miércoles, 19 de enero de 2011

POEMAS DE XULLO E XANEIRO: XANEIRO

Estamos en inverno. Por esa razón retomamos o poema do mes cuns versos da nosa ROSALÍA que empezan "Cando era tempo de inverno...". Que Rosalía? Rosalía só hai unha:


Cando era tempo de inverno
pensaba en donde estarías,
cando era tempo de sol
pensaba en donde andarías.
¡Agora... tan soio penso,
meu ben, si me olvidarías!

(Párrafo XVI de Follas Novas - 1880)

No seguinte enlace podédela escoitar cantada por AMANCIO PRADA, unha delicia!

martes, 18 de enero de 2011

REUNIÓN CON CONVIDADO

Hoxe tivemos reunión do club de lectura para falar do libro que estamos xa terminando de ler, "No pidas sardinas fuera de temporada" de A. Martín e J. Ribera. Pero non foi unha reunión como as outras, xa que tivemos un convidado, mellor dito, unha convidada, a profesora Manuela Catoira. Veunos falar en concreto dun libro que, segundo nos contou, lle deixou unha profunda pegada na súa xuventude, O xogador de F. Dostoievski. E falounos do protagonista, un home que xogaba compulsivamente á ruleta e no cal o xogo se convertiu nunha verdadeira obsesión. Foi esa obsesión e esa loita por superala o que a ela, unha moza entón, lle impresionou máis. Claro que tamén nos dixo que máis tarde soubo que a obra contiña datos autobiográficos e que o escritor ruso sentiu na súas propias carnes a ludopatía, enfermidade que o levou a contraer enormes deudas. Seguramente por iso foi quen de narrar dunha maneira tan realista e sentida.
En fin, que Manuela nos abriu as ganas de ler a Dostoievski.
GRAZAS POLA VISITA E POLA CHARLA!
Ao fío do tema, podemos escoitar a canción The gambler de Kenny Rogers.