"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

sábado, 12 de diciembre de 2015

LEDICIA COSTAS E ANTÓN CORTIZAS

Este xoves 10 de decembro varios profesores do club de lectura acudimos á charla que deron LEDICIA COSTAS E ANTÓN CORTIZAS no centro Eduardo Pondal de A Coruña dentro dos XII Encontros con Autores que organiza o CEFORE.
Como facemos sempre que imos a un encontro con escritores, levamos un exemplar dese autor para que nolo asinase e, acto seguido, xa o colocamos na sección "Encontros con escritores" da nosa biblioteca. O título elixido foi "O corazón de Xúpiter" que leremos nun dos grupos do club no segundo trimestre. Intentaremos que a autora visite o noso centro e dialogue cos membros do club.



viernes, 6 de noviembre de 2015

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: novembro

Dedicado aos trasnos de 1º de ESO que comezan esta andaina convertidos en trasnos ilusionados. BENVIDOS e a disfrutar deste club.

CANCIÓN DEL PIRATA (José de Espronceda)

Con diez cañones por banda,
viento en popa, a toda vela,
no corta el mar, sino vuela
un velero bergantín.
Bajel pirata que llaman,
por su bravura, el Temido,
en todo mar conocido
del uno al otro confín.

La luna en el mar rïela,
en la lona gime el viento,
y alza en blando movimiento
olas de plata y azul;
y ve el capitán pirata,
cantando alegre en la popa,
Asia a un lado, al otro Europa,
y allá a su frente Stambul:
«Navega, velero mío, sin temor,
que ni enemigo navío
ni tormenta, ni bonanza
tu rumbo a torcer alcanza,
ni a sujetar tu valor.
Veinte presas hemos hecho
a despecho del inglés,
y han rendido sus pendones
cien naciones a mis pies.
Que es mi barco mi tesoro,
que es mi dios la libertad,
mi ley, la fuerza y el viento,
mi única patria, la mar.
Allá muevan feroz guerra
ciegos reyes
por un palmo más de tierra;
que yo tengo aquí por mío
cuanto abarca el mar bravío,
a quien nadie impuso leyes.

Y no hay playa,
sea cualquiera,
ni bandera
de esplendor,
que no sienta
mi derecho
y dé pecho
a mi valor.

Que es mi barco mi tesoro,
que es mi dios la libertad,
mi ley, la fuerza y el viento,
mi única patria, la mar.

A la voz de «¡barco viene!»
es de ver
cómo vira y se previene
a todo trapo a escapar;
que yo soy el rey del mar,
y mi furia es de temer.

En las presas
yo divido
lo cogido
por igual;
sólo quiero
por riqueza
la belleza
sin rival.

Que es mi barco mi tesoro,
que es mi dios la libertad,
mi ley, la fuerza y el viento,
mi única patria, la mar.

¡Sentenciado estoy a muerte!
Yo me río;
no me abandone la suerte,
y al mismo que me condena,
colgaré de alguna entena,
quizá en su propio navío.
Y si caigo,
¿qué es la vida?
Por perdida
ya la di,
cuando el yugo
del esclavo,
como un bravo,
sacudí.
Que es mi barco mi tesoro,
que es mi dios la libertad,
mi ley, la fuerza y el viento,
mi única patria, la mar.

Son mi música mejor
aquilones,
el estrépito y temblor
de los cables sacudidos,
del negro mar los bramidos
y el rugir de mis cañones.

Y del trueno
al son violento,
y del viento
al rebramar,
yo me duermo
sosegado,
arrullado
por el mar.

Que es mi barco mi tesoro,
que es mi dios la libertad,
mi ley, la fuerza y el viento,
mi única patria, la mar.»


lunes, 19 de octubre de 2015

REUNIÓN INICIAL DOS CLUBS

Este xoves no 2º recreo vémonos no salón de actos para coñecernos todos os membros dos oito grupos e facernos unha foto de benvida.

viernes, 16 de octubre de 2015

VOLVEMOS DE NOVO!!!

Un curso máis aquí estamos para comezar unha nova andaina dos "trasnos". Estes días completamos a organización dos distintos grupos e a cousa vai vento en popa. Aquí están os datos:
8 grupos: 4 de Bacharelato e 4 de ESO
74 membros
7 profesores
As lecturas xa están en marcha:
Cuando Hitler robó el conejo rosa
Malala, mi historia
El ladrón de cerebros
Maldito karma
A flor de piel
A pel fría
O gardián invisible


Xa podemos dicir...preparados....listos......XAAAAAAAAAAAAAAAA!

martes, 9 de junio de 2015

ÚLTIMA REUNIÓN

Estes días temos xa a última reunión do noso club de lectura. Por iso quero deixar constancia das lecturas que máis vos gustaron de todas as comentadas ao longo do curso en todos os grupos:

As lágrimas de Shiva de CÉSAR MALLORQUÍ
Memorias dun neno labrego de X. NEIRA VILAS

La familia de Pascual Duarte de C. JOSÉ CELA

Un trabajo muy sucio de CHRISTOFER MOORE

Maldito karma de DAVID SAFIER

La piel fría de ALBERT SÁNCHEZ PIÑOL

28 días de DAVID SAFIER

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: mes de xuño

Este poema refrexa ben a filosofía do Día das Letras Galegas que celebramos hai pouco, e que se resume en dúas palabras: FALADE GALEGO. Se queredes escoitalo cantado este é o enlace.

Miniñas da Cruña,
d' amabre despejo,
de falas graciosas
e pasos ligeiros,
deixá de Castilla
os duros acentos:
falade, miniñas,
falade gallego.

Cand’ é que vos ouzo,
a patria esquecendo,
falar esas duras
palabras de ferro,
non sei o que sufro,
non sei o que peno:
falade, miniñas,
falade gallego.

Mas cando falades
nos patrios acentos,
envoltos no voso
angélico alento,
parece que escuito
un canto do ceo:
falade, miniñas,
falade gallego.

Pondal, Eduardo (2001). Poesía galega completa II Poemas Impresos; edición de Manuel Ferreiro (Santiago de Compostela: Sotelo Blanco)

lunes, 8 de junio de 2015

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: abril-maio

Este poema é un clásico para o mes de maio. Se queredes escoitalo cantado este é o enlace.

Aquí vén o maio
de frores cuberto...
puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sónvo-lo probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempre é inverno!...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.

¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos:
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.

Curros Enríquez, Manuel (1996) Aires da miña terra (Vigo: AS-PG)

viernes, 10 de abril de 2015

viernes, 27 de marzo de 2015

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: marzo

A salvo

Non temos lector@s e por iso
estamos a salvo das tentacións do mundo.
Pechade, por favor, as portas
da poesía.
Que non nos vexan os inimigos.
Na liña do horizonte somos
un diminuto punto
invisible
de silencio.
Somos un ourizo
que sabe protexerse.
O cambio climático poderá
destruír o mundo, pero
@s poetas sempre
estamos a salvo.
Sobrevivimos.
Sobrevivimos
FRAN ALONSO

domingo, 8 de marzo de 2015

A historia da escritura

Achégase a data da nosa VI SEMANA CULTURAL, este ano sobre a escritura. Como podemos participar desde os clubs de lectura? Como imos convocar un concurso de monólogos, poderíamos preparar un que teña como tema a lectura. Que vos parece? Falamos na próxima reunión o xoves 19 de marzo.  

jueves, 12 de febrero de 2015

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: febreiro

Miráchesme, miréiche, nos miramos;
Sorríchesme, sorrinme, os dous sorrimos;
N'os nosos ollos nosa imaxen vimos:
Ti n'os meus, eu n'os teus nos retratamos.

Desde entonces d'amor nos abrasamos;
Un mesmo gusto ou pena os dous sentimos,
E anque a paraxes diferentes imos,
Decote n'o camiño tropezamos.

Xa que d'o corazón libres dispomos,
Ós páxaros d'os bosques imitemos,
Que os niños fan entre ramaxe e gomos;

Nosa doce ventura apresuremos,
Que a vida é curta e responsables somos
D'o tempo tan precioso que perdemos

Miráchesme de FRANCISCO AÑÓN PAZ

martes, 3 de febrero de 2015

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: xaneiro



La paz no necesita de los héroes. 
el heroísmo de la paz es otro. 
Es un sereno paso sin angustia 
por aquel campo en que acechaban minas. 
Y es sobre todo ese convivio afable 
de la diversidad de los anónimos. 
II 
La paz cierra la cripta de los mártires 
y los deja dormir, para que olviden 
que la tierra es el sitio pavoroso 
donde todos los miedos son posibles 
Bien se merecen su corona de oro, 
bajo la condición de que se duerman. 
III 
La paz no la hace nadie. Se hace sola. 
Lo importante es sembrar una semilla. 
La gente piensa que la guerra es fuerte: 
!Qué va! La guerra es sólo un aneurisma. 
Alguien la pincha, y se desangra toda. 
La paz en cambio es la verdad de un árbol. 
IV
No me pregunten por qué soy pacífico. 
Es algo natural, quizás congénito. 
Esto es lo que tal vez muchos no entienden 
que no todo poeta es un revólver. 
Por mí, que los revólveres se esfumen. 
Eso sí: No me toquen a la rosa. 
DEVOCIONARIO de David Escobar Galindo

viernes, 23 de enero de 2015

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: decembro

Seguimos coa nosa sección de poesía.



Muy cerca de mi ocaso, yo te bendigo, vida,
porque nunca me diste ni esperanza fallida,
ni trabajos injustos, ni pena inmerecida;
porque veo al final de mi rudo camino
que yo fui el arquitecto de mi propio destino;
que si extraje la miel o la hiel de las cosas,
fue porque en ellas puse hiel o mieles sabrosas:
cuando planté rosales, coseché siempre rosas....
Cierto, a mis lozanías va a seguir el invierno:
¡mas tú no me dijiste que mayo fuese eterno!
Hallé sin duda largas noches de mis penas;
mas no me prometiste tú sólo noches buenas;
y en cambio tuve algunas santamente serenas...
Amé, fui amado, el sol acarició mi faz.
¡Vida, nada me debes! ¡Vida, estamos en paz!

EN PAZ- Amado Nervo


LECTURA FÁCIL OU LECTURA DIFÍCIL?

Estamos a ler nun dos grupos de bacharelato o libro Maldito Karma de David Safier, o autor que coñecimos hai pouco no Ágora. É unha obra de humor, fácil de ler e que nos está a servir de contrapeso a La verdad sobre el caso Savolta, moito máis densa. Por iso na última reunión deste grupo estivemos a tratar este tema, xa que a maioría dos membros do club prefiren unha obra fácil de ler e eu insistin que para "correr 10 kmts sen cansar, debemos correr a miudo e ir aumentando paulatinamente a distancia porque se non o facemos desta maneira nunca conseguiremos a meta: correr os 10 sen cansar". Se queremos ser bos lectores debemos comezar polo fácil pero pouco a pouco ir subindo de categoría", porque a boa literatura require un bo entrenamento.

martes, 13 de enero de 2015

DARSE Á LECTURA

Iñaki Gabilondo entrevista ao seu irmán, Ángel Gabilondo, autor do libro "Darse a la lectura". Creo que é unha boa reflexión sobre o que significa "ler" e vén a conto do falado hoxe na reunión do club de lectura de 2º e 3º de ESO: a importancia de ler como ferramenta ante a vida. 

Imaxe tomada do vídeo de youtube
 https://www.youtube.com/watch?v=cSE4zfXvRS8

jueves, 8 de enero de 2015

La verdad sobre el caso Savolta


Comezamos cun dos títulos máis destacados de Eduardo Mendoza. É a súa primeira novela, escribiuna en 1975 e está ambientada na Barcelona de principios do século XX, época de revoltas sociais entre traballadores e patronos. Foi levada ao cine por Antonio Dovre en 1979:

Barcelona entre os anos 1917 e 1923. É a época do pistoleirismo, durante a que o enfrontamento entre pistoleiros anarquistas e sicarios pagados pola patronal produxo un número escandaloso de mortes. O enfrontamento entre os traballadores anarquistas e os propietarios da fábrica de armas Savolta agrávase cando a familia Savolta decide acabar coa rebelión contratando asasinos a soldo e urdindo intrigas coa finalidade de agochar as súas ilegales transaccións con Alemania. Adaptación de la novela homónima de Eduardo Mendoza.

A súa forma de narrar é complexa debido aos saltos no tempo que realiza, a alternancia de secuencias e ao perspectivismo.


Contexto literario: a novela dos anos 70
Nos anos 70 prodúcese un cansancio ante os excesos da experimentación da década dos 60, e a volta ao relato tradicional e ao argumento, desde unha óptica irónica e distante. Vólvese ao mundo do personal, non hai unha análise complexa do mundo nin tampouco hai personaxes de envergadura; o
narrador adoita ser o protagonista.
Prodúcese unha influencia dos medios de comunicación, que impulsan o gusto por xéneros como a novela-reportaxe, seguindo o esquema do periodismo de investigación, e a cultura de masas.
Existe unha atención ao formal: son obras ben escritas, pero non profundizan nas posibilidades creativas da linguaxe. O estilo é realista e tradicional. Os espazos oscilan entre o coñecido (a cidade de provincias, o barrio) e o cosmopolita e exótico.

Unha das obras máis importantes desta década é La verdad sobre el caso Savolta (1975) de Eduardo Mendoza.

Para saber máis sobre a obra premede neste enlace