"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

miércoles, 22 de diciembre de 2010

BO NADAL!


Cando a neve comeza a caer en forma de fermosas folerpas e o frío invernal comeza a xear cidades e campos, os corazóns das persoas locen máis que nunca, xa que todo o mundo sabe que se acerca a época máis desexada do ano: o Nadal, tempo de ledicia e gozo no que as familias reúnense para compartir estes sentimentos e olvidar por un momento os problemas da vida cotiá. Porén, non todo o mundo pode disfrutar co mesmo xúbilo deste tempo tan marabilloso, e por iso, desde o noso pequeno club esperamos que se lle dedique un momento a esas persoas, e que os valores do Nadal non sexan olvidados cando chegue a primevera.

Finalmente, e como agasallo de Nadal permitímonos deixar este belo poema de Gerardo Diego:
 
 ¿Quién ha entrado en el portal,
en el portal de Belén?
¿Quién ha entrado por la puerta?
¿quién ha entrado, quién?.

La noche, el frío, la escarcha
y la espada de una estrella.
Un varón -vara florida-
y una doncella.

¿Quién ha entrado en el portal
por el techo abierto y roto?
¿Quién ha entrado que así suena
celeste alboroto?

Una escala de oro y música,
sostenidos y bemoles
y ángeles con panderetas
dorremifasoles.

¿Quién ha entrado en el portal,
en el portal de Belén,
no por la puerta y el techo
ni el aire del aire, quién?.

Flor sobre impacto capullo,
rocío sobre la flor.
Nadie sabe cómo vino
mi Niño, mi amor.


Quién ha entrado en el portal de Belén?   [Gerardo Diego]


FELICES FESTAS A TODOS OS COMPOÑENTES DO CLUB DE LECTURA! QUE OS REIS VOS TRAIAN MOITOS LIBROS!

martes, 23 de noviembre de 2010

NON pidas sardiñas en setembro, cando aínda loce o sol



Estes días andamos como nenos con zapatos novos co noso blog: ESTAMOS DE ESTRENO. Andamos a voltas coa estética do blog que, aínda que sabemos que non é o máis importante, nos preocupa. Mais queremos retomar o obxectivo que un día nos xuntou neste club de lectura: OS LIBROS.

Agora estamos a ler dous libros:
- No pidas sardina fuera de temporada de A. Martín y J. Ribera
- Luces de Septiembre de C. Ruiz Zafón
Aínda non sabemos con exactitude do que tratan, pero os dous teñen moi boa pinta

Esperamos os vosos comentarios!!

martes, 16 de noviembre de 2010

O noso novo blog!


O noso querido club de lectura xa leva un ano de vida, e, para celebrar este aniversario, temos este novo blog no que compartir opinións sobre esas cousas tan especiais,os libros, que sempre deberían ir canda nos. Ademáis, comprácenos anunciar que este curso comezamos xa co noso nome oficial "O trasno na rede" e que, despois de ler moitos libros e realizar diversas actividades o ano pasado, este ano comezamos lendo os seguintes libros, que pese a ser moi diferentes comprometímonos a lelos:

- No pidas sardina fuera de temporada de A. Martín y J. Ribera

- Luces de Septiembre de C. Ruiz Zafón

Queredes saber máis?, pois seguide lendo e comentando!

BENVIDOS E DESEXAMOS QUE VOS GUSTE O NOSO NOVO BLOG!!!