"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

lunes, 6 de junio de 2016

ENCONTRO CON ESCRITORES

Dentro dos encontros con escritores que temos todos os anos, hoxe tocou á escritora MÓNICA RODRÍGUEZ, autora entre outros dos libros: El círculo de robles y Alma y la isla
Como despedida do club de lectura de este ano alguns membros do club de 1º e 2º de ESO limos ambos libros. O primeiro trata de Antoniña, a neta de Baldomero, que quere saber quén é a Lupa. O seu avó, ao carón do lume, cóntalle unha historia de lobos e fadas. O segundo "Alma y la isla" conta a chegada do mar de Alma nunha patera e a súa relación con Otto, o fillo menor da familia de pescadores que acolle a nena.
Compartimos con todos as imaxes do acto:


Salón da Ágora

A escritora Mónica Rodríguez

Os trasnos de 1º e2º de ESO

A autora asinándonos un libro



lunes, 7 de marzo de 2016

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: marzo

Este mes de marzo, no que celebramos o DÍA DA MULLER TRABALLADORA, unha alumna de 1º de Bacharelato B, Marta Parga López, propónnos un poema da autora galega máis coñecida, Rosalía de Castro.


I
Cando este cantar, poeta,
na lira xemendo entonas,
non sei o que por min pasa
que as lágrimiñas me afogan,
que ante de min cruzar vexo
a Virgen-mártir que invocas,
cos pes cravados de espiñas,
cas mans cubertas de rosas.
En vano a gaita, tocando
unha alborada de groria,
sons polos aires espalla
que cán nas tembrantes ondas;
en vano baila contenta
nas eiras a turba louca,
que aqueles sons, tal me afrixen,
cousas tan tristes me contan,
que eu podo decirche:
non canta, que chora.


II
Vexo contigo estos ceos,
vexo etas brancas auroras,
vexo estes campos froridos
onde se arrullan as pombas,
i estas montañas xigantes
que aló cas nubes se tocan
cubertas de verdes pinos
e de froliñas cheirosas;
vexo esta terra bendita
donde o ben de Dios rebota
e donde anxiños hermosos
tecen brillantes coroas;
mais, ¡ai!, como tamén vexo
pasar macilentas sombras,
grilos de ferro arrastrando
antres sorrisas de mofa,
anque mimosa gaitiña
toque alborada de groria,
eu podo dicirche:
non canta, que chora.
[...]

ROSALÍA DE CASTRO, A gaita gallega


miércoles, 2 de marzo de 2016

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: febreiro

Este mes estamos de sorte. Tres trasnos de 1º de Bacharelato A nos achegan estes poemas. Grazas a Paula Fernández, Eva Menéndez e Iulia Vaduva.

Con cada vez que te veo
nueva admiración me das, 
y cuando te miro más 
aún más mirarte deseo. 
Ojos hidrópicos creo
que mis ojos deben ser; 
pues cuando es muerte el beber, 
beben más, y desta suerte, 
viendo que el ver me da muerte, 
estoy muriendo por ver.

Pero véate yo y muera; 
que no sé, rendido ya, 
si el verte muerte me da, 
el no verte qué me diera. 
Fuera, más que muerte fiera, 
ira, rabia y dolor fuerte; 
fuera muerte; desta suerte
su rigor he ponderado, 
pues dar vida a un desdichado
es dar a un dichoso muerte.

P. Calderón de la Barca (1600-1681), La vida es sueño

Cultivo una rosa blanca
en junio como en enero
para el amigo sincero
que me da su mano franca.

Y para el cruel que me arranca

el corazón con que vivo,
cardo ni ortiga cultivo;
cultivo la rosa blanca.

José Martí (1853-1895)


Sí,
mi amor,
lo sé,
sé que nos miramos a los ojos una vez,
y fue ahí cuando nos vimos,
cuando fuimos,
cuando nos volvimos verdad por un instante
que, aunque pequeño,
arrasó con todas las miradas por ser el único.
Pero dime de qué vale una vez
si lo que tú y yo queríamos eran cientos
y no fuimos capaces
ni de sumar tus dedos a los míos,
ni de mirarnos rozándonos la nariz,
ni de cruzar la ciudad de noche por un beso
-sigo pensando
que menos mal que no nos conocimos,
hubiéramos roto al mundo de amor,
estoy segura,
y este planeta no está hecho para morir así.


Elvira Sastre (1992), Cuarenta y tres maneras de soltarse el pelo

martes, 16 de febrero de 2016

ENCONTRO CON ANDREA MACEIRAS

Hoxe o club de lectura de 1º de ESO asistiu a un encontro coa escritora ANDREA MACEIRAS no IES "Monte das Moas". Como xa vos informamos nunha entrada anterior, fixémoslle as preguntas que preparáramos na última sesión do club. A escritora respondeu a todas de xeito afable e cun espíritu moi cercano. Desde aquí queremos facerlle chegar o noso agradecemento: GRAZAS, Andrea, polas túas respostas e simpatía. Seguro que non pasa moito tempo ata que nos encontremos con outro libro teu.




Charla con Andrea Maceiras

Un alumno noso facendo unha pregunta á autora

Un alumno noso falando da súa afición pola escritura

A autora asinándonos un exemplar do seu libro para a biblioteca


lunes, 15 de febrero de 2016

Preguntas sobre "Miña querida Sherezade"

Éstas son as preguntas sobre o libro Miña querida Sherezade, que limos no club de lectura de 1º de ESO neste 2º trimestre, e que queremos prantexar á autora no encontro que teremos con ela mañá martes ás 11.30 no IES "Monte das Moas".

-Por que escolliches o libro “As mil e unha noites”?

-Como se che deu en poñer “un libro” como narrador?

-Existe en realidade o Hotel Imperial en Cuba?

-Cal é o teu personaxe preferido das Mil e unha noites, despois de Sherezade naturalmente? Nós pensamos que é Aladino, non si?

-Dos propietarios por cuias mans vai pasando o libro, cal é o teu favorito?

-Ti na túa casa les todos os libros ou tes alguns que padecen “o mal dos libros acurrunchados”?

Informaremos sobre dito encontro neste blog.




viernes, 12 de febrero de 2016

Comentario de "Cando Hitler roubou o coello rosa""

Tes un momentiño? Quéroche recomendar un libro...."Cando Hitler roubou o coello rosa". Trata a época na que os xudeos foron perseguidos polos nazis  alemáns. Está baseada nun feito real: é o que lle sucedeu á autora, Judith Kerr, pero cambiando os personaxes. O libro está dividido en 24 capítulos, a lectura é moi amena aínda que a historia é bastante triste.
Anna é unha nena xudea que vive coa súa familia. Cando os nazis, con Hitler á cabeza, gañan as eleccións, vense obrigados a fuxir, primeiro a Suiza, logo a París e despois a Londres. O título do libro fai referencia ao xoguete preferido de Anna. Cando teñen que saír da súa casa, a nena ten que elixir un so xoguete e escolle o máis novo, un can de lá, en lugar do seu compañeiro de toda a vida, o coello rosa. Porén, xamais o esqueceu, e chega a soñar que Hitler, grazas ao seu coello, se converte nun home bondadoso.

AMAYA VIQUEIRA TODEA (1º de ESO D)

sábado, 30 de enero de 2016

Miña querida Sherezade

No club de 1º de ESO xa comezamos a ler "Miña querida Sherezade" de Andrea Maceiras. Na primeira reunión comentamos os primeiros cinco capítulos e comezamos a elaborar preguntas con vistas a un encontro que teremos no mes de febreiro coa escritora. Por agora gústanos. Choca que un libro sexa o narrador e que os personaxes dese libro interactúen coa trama que alí se narra. Choca tamén que a trama real siga á dun libro como "As mil e unha noites". Pero por iso mesmo é interesante, porque se sae do normal.

viernes, 15 de enero de 2016

Cando Hitler roubou o Coello Rosa

No club de lectura de 1º de ESO acabamos de ler o libro de Judith Kerr "Cando Hitler roubou o Coello Rosa". Trata sobre unha nena xudea que vivía en Alemania e que, cando Hitler chegou ao poder, tivo que abandonar o seu país natal coa súa familia para refuxiarse primeiramente en Suíza, logo en Francia e finalmente en Inglaterra.
Como o libro reflicte unha situación crítica, estivemos falando sobre qué é para nós unha situación crítica e qué outras situacions críticas vemos no noso mundo. Tema interesante, a que si?

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: xaneiro

Cuentan de un sabio, que un día
tan pobre y mísero estaba,
que sólo se sustentaba
de unas yerbas que cogía.
¡habrá otro, entre sí decía,
más pobre y triste que yo?
Y cuando el rostro volvió,
halló la respuesta, viendo
que iba otro sabio cogiendo
las hojas que él arrojó.


Fragmento de “La vida es sueño” obra de teatro de Pedro Calderón de la Barca estrenada en 1635. 

sábado, 9 de enero de 2016

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: decembro

Este mes estamos de sorte. Dous membros de 1º de Bacharelato B do noso club de lectura queren apostar sendos poemas. QUE OS DISFRUTEDES!!

En un beso,
Sabrás todo lo que he callado.
(Pablo Neruda)


A través del follaje perenne
Que oír deja rumores extraños,
Y entre un mar de ondulante verdura,
Amorosa mansión de los pájaros,
Desde mis ventanas veo
El templo que quise tanto.

El templo que tanto quise…
Pues no sé decir ya si le quiero,
Que en el rudo vaivén que sin tregua
Se agitan mis pensamientos,
Dudo si el rencor adusto
Vive unido al amor en mi pecho.
(Rosalía de Castro)

Grazas a Santiago Canzobre e Marta Mallo