"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

jueves, 9 de octubre de 2014

DE NOVO O TRASNO NA REDE

Un curso máis poñemos ao trasno a facer das súas na rede. Para comezar andamos estes días (¡por fin!) montando os grupos do club de lectura e ¡SORPRESA! somos máis que o curso pasado. As perspectivas din que podemos montar os seguintes grupos:
-4 grupos de 2º de Bacharelato (máis de 40 membros)
-2 grupos de 1º de Bacharelato (20-30 membros)
-1 grupo de ESO (10-12 membros)
Dádevos presa se queredes anotarvos porque a semana que vén temos que deixar pechados os grupos e comezamos as reunións.
BENVIDOS AO CLUB DE LECTURA O TRASNO NA REDE!

Se premedes AQUI podedes informarvos sobre que é un trasno e os seus costumes.