"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

sábado, 13 de diciembre de 2014

GUÍA DE LECTURA PARA NADAL

Esta é a guía de lecturas e vídeos que a biblioteca vos recomenda para este Nadal.



Pasade pola biblioteca e levade en préstamo algún destes documentos. FELIZ NADAL A TODOS!

viernes, 5 de diciembre de 2014

DAVID SAFIER


O mércores pola tarde alguns membros deste club de lectura acudimos ao auditorio do Ágora ao encontro co escritor David Safier, autor de Maldito karma e Yo, mi, me...contigo, obras lidas por alguns grupos do club.
O encontro resultou moi interesante. O autor veu presentar a súa última novela titulada 28 días e que supón un cambio radical de xénero. Afeitos como estamos ás novelas de humor coas que tantos sorrisos nos ten sacado David Safier, esta trata un tema tan serio como o holocausto nazi, que el mesmo sufriu na súa propia familia, segundo nos contou ao longo da charla. A historia, que levaba na súa cabeza máis de vinte anos, está narrada por unha moza de 16 anos, Mira, que ten que facerse forte ante as calamidades que lle toca vivir no gueto de Varsovia.
"a novela leva ao lector ao límite das emocións. Malia ter detrás unha importante documentación, que o propio autor declarou ter sido longa e difícil, o que pretende é por enriba de todo facernos sentir.

Como temos por costume, levamos ao Ägora os libros que temos deste autor para que nolos asinase. E este foi o momento:

lunes, 24 de noviembre de 2014

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: outubro e novembro

Mañá 25 de novembro é o Día contra a violencia de xénero. Por iso, para incidir en que a violencia ten que terminar, eliximos estes poemas do mes de outubro e novembro.


Yo conocía el rincón donde ella lloraba en solitario,
cerca de una fuente,cerca de un metro,de un descampado
mi niña de ojos de nadie,esta muñeca de trapo ,
desmembrada de tanto sufrir, ahorcada en su noche,
prisionera de sí misma, prisionera de sí.

Cristina Martín (Princesa Inca)

Eu son un ser humano
mesmo antes de ser esposa dun marido
e antes de ser nai dos nenos;
son un ser humano, en primeiro lugar.
Eu son un ser humano,
as cadeas xa están rotas,
o camiño cara á liberdade está aberto
e o poder dado polo ceo está repleto.
Ah, novas rapazas,
seguídeme como ao voso propio espertar,
levantádevos e exercede o voso poder!
A luz dun novo día está a brillar.

Na Hye-Sok

[Tomados dun traballo colaborativo do equipo de biblioteca e do club de lectura “Pedra do Acordo” do IES “San Paio” de Tui.]

jueves, 9 de octubre de 2014

DE NOVO O TRASNO NA REDE

Un curso máis poñemos ao trasno a facer das súas na rede. Para comezar andamos estes días (¡por fin!) montando os grupos do club de lectura e ¡SORPRESA! somos máis que o curso pasado. As perspectivas din que podemos montar os seguintes grupos:
-4 grupos de 2º de Bacharelato (máis de 40 membros)
-2 grupos de 1º de Bacharelato (20-30 membros)
-1 grupo de ESO (10-12 membros)
Dádevos presa se queredes anotarvos porque a semana que vén temos que deixar pechados os grupos e comezamos as reunións.
BENVIDOS AO CLUB DE LECTURA O TRASNO NA REDE!

Se premedes AQUI podedes informarvos sobre que é un trasno e os seus costumes.

martes, 24 de junio de 2014

A noite de San Xoán

Hoxe celebramos a festa de San Xoán. Aquí vos deixamos este poema que xa limos o curso pasado, pero a noite ben o merece.

El poniente impecable en esplendores
quebró a filo de espada las distancias.
Suave como un sauzal está la noche.
Rojos chisporrotean
los remolinos de las bruscas hogueras;
leña sacrificada
que se desangra en altas llamaradas,
bandera viva y ciega travesura.
La sombra es apacible como una lejanía;
hoy las calles recuerdan
que fueron campo un día.
Toda la santa noche la soledad rezando
su rosario de estrellas desparramadas.


"La noche de San Juan" de J.L. BORGES

martes, 17 de junio de 2014

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: maio-xuño

Que lonxe! Que lonxe estás!
Canta terra entre nós dous.
Peno dende que te fuches.
Ai, amor! Ai, amor!

Cando busco nos teus ollos,
magóame o corazón.
Cantas cousas non pasaron!
Ai, amor! Ai, amor!

Pasaron meses e anos,
e a mocidade pasou.
Mido por noites o tempo.
Ai, amor! Ai, amor!

Por ti agardo cada día,
ateigada de ilusión.
Ven axiña, volta a min.
Ai, amor! Ai, amor!

Ai amor, que lonxanía!
Que soedade, que delor!Vivir sen ti non é vida.
Ai, amor! Ai, amor!

Cartas van e cartas veñen
e as palabras tinta son.
Quero escoitar a túa voz!
Ai, amor! Ai, amor!

Ai, amor! Xosé Neira Vilas
Se premedes no nome do autor podedes escoitar este poema cantado polo grupo A Quenlla.

jueves, 12 de junio de 2014

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: marzo e abril


Cuentan de un sabio, que un día
tan pobre y mísero estaba,
que sólo se sustentaba
de unas yerbas que cogía.
«¿Habrá otro», entre sí decía,
«más pobre y triste que yo?»
Y cuando el rostro volvió,
halló la respuesta, viendo
que iba otro sabio cogiendo
las hojas que él arrojó.

Pedro Calderón de la Barca
Ao longo do curso, no grupo 5, limos:
1-La señorita Cora de J. CORTÁZAR
2-Requiem con tostadas de M. BENEDETTI
3-Dejar a Matilde de A. MORAVIA
4-Adiós Cordera de L. ALAS CLARÍN
5-Los santos inocentes de M. DELIBES
6-Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea de A. PITCHER
7-Fharenheit 451 de RAY BRADBURY

Destas lecturas realizamos unha votación que quedou como segue:
Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea..................4 votos
Fharenheit 451...................................................................3 votos
Los santos inocentes..........................................................1 voto

Como recomendacións para o verán, cada un de nós elixiu un libro:
Ana: "El cielo está en cualquier lugar" de J. Nelson
Paula: "Bajo la misma estrella" de J. Grinn
Hadrián: "El señor de las moscas" de William Golding
Alex: "Sin lugar" de J. Robinson
Miguel: "Las lágrimas de Shiva" de César Mallorquí
Sara: "Memorias de una gheisa" de A. Golden
Ruth: "Algún día cuando pueda llevarte a Varsovia" de L. Silva
Matilde: "Niebla" de M. de Unamuno

jueves, 5 de junio de 2014

Festa final



Hoxe tivemos a festa final de todos os grupos que formamos o trasno na rede. Xuntámonos á saída de clase a comer e ver unha película. A elixida foi  In a better world, gañadora do Óscar á mellor película de fala non inglesa no 2010, entre outros premios. Aos catro profesores do club pareceunos unha interesante reflexión sobre a violencia, nos dous planos que se plantexan, no campo de refuxiados, e no caso do bullying de Elías. Trátase dunha película que invita a facerse preguntas, pero é o espectador o que debe sacar as súas propias conclusións:
-Que pensades da actitude pacifista do pai de Elías?
-É da reacción de Christian ante o bullying do que é vítima Elías?
Gustaríanos saber as vosas respostas a estas preguntas ou a outras que plantexedes.
Falaremos estes días. CONTINUARÁ
 
 

sábado, 31 de mayo de 2014

ACTO HOMENAXE A DÍAZ CASTRO

O pasado martes 20 de maio todos os membros dos clubs de lectura acudimos ao teatro da biblioteca do Ágora a participar no acto de homenaxe a Díaz Castro organizado polo alumnado do IES de Guitiriz. Ademáis un dos nosos membros leu o poema do autor homenaxeado. Aquí está a presentación coas fotos que demostran o ben que o pasamos.
O trasno na rede no Ágora on PhotoPeach

jueves, 29 de mayo de 2014

Fahrenheit 451

Hoxe reunímonos para terminar o último dos libros que imos ler este curso. Trátase de "Fharenheit 451", unha distopía escrita por RAY BRADBURY en 1953 pero que para nada semella anticuada, eu diría que este libro cada ano que pasa é máis moderno porque vemos máis posible o mundo que alí se describe. Destaco dúas frases, poderían ser centos:

“Pero no considero que sea sociable reunir a un grupo de gente y, después, no dejar que hable”.

“Dale a la gente concursos que puedan ganar recordando la letras de las canciones más populares, o los nombres de las capitales de Estado. Atibórralos de datos no combustibles, lánzales encima tantos ‘hechos’ que se sientan abrumados. Entonces tendrán la sensación de que piensan, tendrán la impresión de que se mueven sin moverse. Y serán felices. No les des Filosofía o Sociología para que empiecen a atar cabos. Por ese camino, se encuentra la melancolía”.

Tras debatir en varias reunións sobre esta obra, hoxe terminamos de comentala. A opinión xeral é que gustou bastante, que foi unha lectura interesante que deu para comentarios de todo tipo, desde 
"a muller de Montag é unha c......, é dicir unha impresentable"
"cómo é posible que alguén se deixe queimar polos libros?" 
"hai maxia nesta historia?. Pregúntoo polo episodio do neno do parque"
"imaxino a parede da sala da casa de Montag como unha desas pantallas das pelis de hoxe".

 

viernes, 23 de mayo de 2014

MÁIS SOBRE A LECTURA

Traemos aquí este enlace coa finalidade de tomar consciencia da importancia de ler desde pequenos. Desta maneira conseguiremos que o día de mañá os nosos fillos lean máis e melloren as súas capacidades e o seu desenvolvemento en xeral.
 
 

martes, 25 de marzo de 2014

LA TORRE Y LA ISLA- ANA ALONSO Y JAVIER PELEGRÍN- EDITORIAL ANAYA- SAGA "LA LLAVE DEL TIEMPO"

Se trata de una saga formada por ocho libros, cuyos títulos son:

  1. La torre y la isla
  2. La esfera de Medusa
  3. La ciudad infinita
  4. El jinete de plata
  5. Uriel
  6. La puerta de Caronte
  7. El palacio del silencio
  8. El viaje de Zoe
Estamos leyendo "Una máquina de fabricar sueños", el primer capítulo del primer tomo. Está ambientado en un futuro distópico (sociedad que no es deseable)

martes, 11 de marzo de 2014

Sucker


Sucker é un conto de Carson MacCullers (Columbus, 1917- Nueva York, 1967) que narra a relación de dous primos, Pete e Sucker. Este último é orfo e vive na casa de Pete compartindo ademais a habitación con el. Hai catro anos de diferencia entre eles mais lévanse ben. Ata que Pete namórase de Maybelle e .....
Saberíamos contestar a estas preguntas? Supoño que si.

Cuestions:
  1. Qué idade teñen os protagonistas?
  2. Escribe un retrato físico de Maybelle.
  3. Analiza o carácter de Sucker ao longo do conto.
  4. Enumera o encadenamento de desprecios entre os dous protagonistas do relato.
  5. Cánto tempo transcorre desde que empeza  a historia ata que acaba?
  6. Comenta este texto: "Se unha persoa admira a un moito, enton un empeza a despreciala e non valoramos súa conduta; un  soe admirar á persoa que o ignora".
  7. Ao final do relato está moi presente o  sentimento de culpa que sofre Pete. Reflexiona nunhas poucas líñas sobre  a culpa e a súa relevancia na nosa sociedade ou sobre a importancia que este sentimento poida ter para ti personalmente.

domingo, 23 de febrero de 2014

AMANDINE O LOS DOS JARDINES

Comezamos este mes coa lectura dun conto sobre o que significa perder a nenez e crecer. Trátase de Amandine o los dos jardines de Michel Tournier (Paris 1924), figura importante da literatura francesa do s. XX. O conto, definido como iniciático polo autor, está narrado por unha nena de dez anos que se adentra na adolescencia. O paso desta nena da nenez á pubertade está representado por dous xardíns. Un, o xardín da súa casa, o de papá e mamá, onde "hay siempre la misma temperatura, tanto en verano como en invierno, donde el césped es siempre verde y está bien cortado", representa a seguridade, a orde, pero "a veces resulta un poco molesto" e asistimos ao comezo da caída dese universo dos pais na mente da nena preadolescente. A busca do seu gatiño Kamicha levará a Amandine a saltar o muro e atopar o outro xardín, no que aparece un mundo descoñecido para ela pero ao mesmo tempo sedutor.
Desde la altura que le brinda la división de los terrenos, observa a un lado el jardín de sus padres, el impecable, simétrico, el conocido, y al otro, ese jardín del que nada sabe pero que la seduce y se le revela con esa deliciosa angustia con que la atrae lo indómito y lo animal: “Era todo lo contrario del jardín de papá (…)Pensé que nunca me atrevería a descender a aquella selva virgen donde pululaban con toda seguridad sapos y serpientes”. Este outro xardín representa a busca dun novo lugar por fora das identificacións da nenez que xa non aportan consistencia de ser, representa o mundo da pubertade.

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: xaneiro e febreiro

En el balcón, un instante
nos quedamos los dos solos.
Desde la dulce mañana
de aquel día éramos novios.
-El paisaje soñoliento
dormía sus vagos tonos,
bajo el cielo gris y rosa
del crepúsculo del otoño-
Le dije que iba a besarla,
bajó, serena, los ojos
y me ofreció sus mejillas
como quien pierde un tesoro.
-Caían las hojas muertas,
en el jardín silencioso,
y en el aire erraba aún
un perfume de heliotropos-
No se atrevía a mirarme,
le dije que éramos novios.
...y las lágrimas rodaron
de sus ojos melancólicos.

Adolescencia de JUAN RAMÓN JIMÉNEZ

martes, 18 de febrero de 2014

Comentarios a "O carteiro de Bagdad"

O libro, en xeral, semella que os gustou. Estes foron os vosos comentarios:

   -é unha historia lenta e narra situacións cotiás nun contexto bélico que non sorprenden

   -é demasiado realista
   -remítenos ao ambiente das familias
   -a historia discorre nun ambiente dramático
   -sorpréndenos que todos os capítulos comecen igual
   -é interesante o enfrontamento entre xiitas e sunnitas
   -gustaríame saber de qué maneira se documentou o autor para escribir esta historia
   -tamén quereríamos saber cómo xorde este tema para o libro
   -é curioso o dato das sementes simbolizando a vida
Todos estivestes de acordo en que sería interesante ter unha charla co autor. Así que solicitamos poder falar con el (en persoa ou por Skype) á editorial e estamos á espera de que nos conteste.


jueves, 23 de enero de 2014

Opinions dos contos lidos no primeiro trimestre

    O grupo 5 do club de lectura de 1º de Bacharelato neste primeiro trimestre escollimos a lectura de varios contos, seguindo a idea de que: " O bo se breve, dúas veces bo".
Dende o mes de outubro limos os seguintes contos:
La señorita Cora de Julio Cortazar
Dejar a Matilde de Alberto Moravia
Requiem con tostadas de Mario Benedetti

   - Destes libros o que máis me gustou foi "Dejar a Matilde" polo tema da historia e polo seu final.

  - Tamén a min gustoume máis "Dejar a Matilde" porque a historia pareceume bastante intrigante e cun final inesperado.

  - Pois a min o que máis me gustou foi "La señorita Cora" pola relación entre as personaxes.

 - E a min o que mais me gustou foi Requiem con tostadas pola actualidade do tema que trata.

Adiós cordera de Leopoldo Alas Clarín.

 No segundo trimestre deixamos os contos e comezamos coa lectura do libro
"Los santos inocentes" de Miguel Delibes. Veremos a película de Mario Camus

martes, 14 de enero de 2014

O carteiro de Bagdad

O próximo martes 21 de xaneiro teremos a reunión para comentar o libro "o carteiro de Bagdad". Ide terminando e esperamos pasar 40 minutos moi agradables na vosa compañía e cos vosos comentarios. Mentres esperamos podemos ir mirando este trailer.

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: decembro

Sobre el soberano escudo
que le sirve de estandarte
sobresale de la piedra
de las obras de más grande.

Es la torre que en el cabo
se asienta sobre el mar
es el símbolo de un pueblo
es del pueblo de Breogán.

En el faro está la tierra,
en las conchas está la mar,
bajo la torre los huesos
de un cobarde rival.

Las siete conchas situadas
a los lados de la torre,
de los mares arrancadas
son de todas las mejores,

son estandarte sagrado
del apóstol Santiago
por huardianes de Neptuno
es un templo custiodado.

Escritor:Salvador José González Ferreiro (pai dunha alumna do club)