"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

martes, 2 de octubre de 2012

BALANCE E 1ª REUNIÓN

Un novo curso estamos aqui dispostos a compartir eses ratos lectores que tanto disfrutamos. 
Pero antes de comezar fagamos balance:
O curso pasado limos 3 libros e 3 contos, publicamos 9 poemas, dos cales 7 foron sobre o paso á adolescencia, tema que elixistes a principio de curso; tratamos 3 temas, o fin da nenez, Onde les ti? e Para qué serven os contos? Ata aqui todo ben. Pero eu iría un paso adiante e avaliaría qué podemos mellorar para que este curso que agora comeza haxa máis xente no noso club. Propoño que cada un de nós pense e escriba unha mellora. Comezo eu:
1- Eu melloraría traendo a principio de curso a un escritor que viñese a lernos un párrafo dun libro lido previamente por nós; ou algunha persoa que viñese a contarnos algunha historia.
2- Eu melloraría a publicidade do club de lectura
3- Eu melloraría a coordinación do club de lectura, facéndose cargo de el máis dun profesor
4- Eu introduciría cine-forum, sempre que sexa posible.
etc
Éste será o tema da primeira reunión deste ano, o próximo martes 16 de outubro no 2º recreo na biblioteca, "Que mellorarías ti no funcionamento do club de lectura?". Non esquezades traer tamén lecturas e películas que vos gustaría compartir.