"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

lunes, 2 de mayo de 2011

O DIARIO DE ANA FRANK

Pechade os ollos por un só momento e dicídeme que vedes... negro, non sí?
Agora pechádeos de novo, que vos transmite esa cor que estades a ver? Talvez represente escuridade, ou dor, ou medo, ou morte ou, talvez, simplemente, nada...
Para rematar, imaxinade todo iso sen pechar os ollos, na vida real, se é que a iso se lle pode chamar vida, claro...
Nós só o imaxinamos, ela viviuno...

Ana Frank



Ana Frank... o seu nome debera de terse perdido no tempo, na crueldade dun tempo escuro, como tantos outros o fixeron... Porén, foi o seu mellor compañeiro nos seus últimos anos  quen  conseguiu que isto non sucedese, mais, quen foi este inesquecíbel amigo? O seu DIARIO.
Un diario que nos transmite as confesións íntimas dunha nena xudea que non puido vivir,  confesións que son agora desveladas para que os sentimentos dunha nena entrelazados coa desgraza que foi a Segunda Guerra Mundial ensinen ao mundo que cada persoa merece unha vida chea de cores como un lenzo e non un triste ollar negro...
Ogallá algún día o mundo deixe de imaxinar en negro e esperte, abrindo os ollos, para sempre!