"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

sábado, 25 de febrero de 2012

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: MARZO

Estudiei nun pupitre de auga gorda

nunha escola onda o mar.

E no recreo ía pescar luras

na chalupa do meu avó.

Aprendía a escribir nunha clase pequena,

de persianas de sal.

No encerado nacían peixes,

e gamelas nos ollos do profesor.

Os meus compañeiros eran xoubas

e eu un tiburón.

O mar anegaba as rúas da cidade

e tiñamos que nadar para salvarnos

ata que tocaba, sempre a tempo,

o timbre do recreo.

FRAN ALONSO

No hay comentarios: