"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

martes, 26 de noviembre de 2013

NO TEATRO TAN CONTENTOS


La señorita Cora de JULIO CORTÁZAR



Este relato conta a historia de Pablo, un adolescente de 15 anos que está no hospital ingresado para ser operado do apéndice. Alí coñece a Cora, unha enfermeira de 19 anos, encargada de coidalo. Pablo, que é un adolescente moi tímido e con ansias de liberdade fronte á superprotección materna, pensa que é unha enfermeira moi guapa e síntese mal cada vez que ela o trata como a un neno. 
Pablo ten moitas gañas de dicirlle o guapa que é pero nunca se atreve. Cora coméntalle a seu noivo Marcial que non entende qué le pasa con ese neno. Cora desexa que chegue o día da operación para así deixar de velo e de sentirse mal por él. Despois da operación Pablo recibe a nova de que pasará máis tempo no hospital xa que se detectaron complicacións na operación e Pablo pensa que terá que pasar máis tempo coa señorita Cora e iso non lle gusta porque se avergoña.
[resumo de Miguel- 1º de Bacharelato B]

Neste relato Cortázar utiliza a técnica do monólogo interior dos personaxes, e o cambio repentino de narrador da historia, nun mesmo párrafo ou mesmo nunha mesma frase, de maneira que a historia evoluciona contada alternativamente por diferentes personaxes que toman parte dos acontecementos: o neno (Pablo), súa nai, a enfermeira Cora, o ciruxano (Suárez), o doctor De Luisi e o anestesista amante da enfermeira (Marcial).

Enlace ao conto

miércoles, 13 de noviembre de 2013

TEATRO

Este venres os cinco grupos de Bacharelato do club de lectura "o trasno na rede" imos ás 8.30 ao teatro Rosalía a ver a obra "El chico de la última fila", obra que están xa a ler os membros do grupo 1, e que logo imos ler os demáis grupos.Esperamos os vosos comentarios a partir do sábado.

domingo, 10 de noviembre de 2013

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: novembro

Estamos xa en outono. Ademáis sabemos que estamos a vivir unha época de crise. Por iso escollimos este poema que podemos comentar ao comezo da reunión do martes.

TODAS LAS MAÑANAS, CUANDO LEO EL PERIÓDICO
Me asomo a mi agujero pequeñito.
Fuera suena el mundo, sus números, su prisa,
sus furias que dan a una su zumba y su lamento.
Y escucho. No lo entiendo.
Los hombres amarillos, los negros o los blancos,
la Bolsa, las escuadras, los partidos, la guerra:
largas filas de hombres cayendo de uno en uno.
Los cuento. No lo entiendo.
Levantan sus banderas, sus sonrisas, sus dientes,
y una belleza ofrece su sexo a la violencia.
sus tanques, su avaricia, sus cálculos, sus vientres
Lo veo. No lo creo.
Yo tengo mi agujero oscuro y calentito,
Si miro hacia lo alto, veo un poco de cielo.
Puedo dormir, comer, soñar con Dios, rascarme.
El resto no lo entiendo.

TODAS LAS MAÑANAS, CUANDO LEO EL PERIÓDICO (Gabriel Celaya)

sábado, 9 de noviembre de 2013

Mirade e escoitade este rap.


REPARTO DE GRUPOS

Hai xa días tivemos a reunión para repartir os grupos de Bacharelato do noso club de lectura. Catro profesores ímonos facer cargo dos cinco grupos en diferentes horarios elixidos por vós.
Comezaremos con estas lecturas:
-A praia dos afogados de DOMINGO VILLAR
-Un mundo feliz de ALDOUS HUXLEY
-Travesuras de la niña mala de MARIO VARGAS LLOSA
-El chico de la última fila de JUAN MAYORGA
-Antes de los dieciocho (antoloxía) de MERCEDES CHOZAS

A idea é ir turnándonos e que todos os grupos leamos os mesmos libros.
Esperamos as vosas entradas comentando as lecturas.

Vídeo do CORAZÓN DELATOR

Agora que estamos celebrando esta semana o SAMAÍN e que xa limos e comentamos o conto de POE, nada mellor que ver o vídeo do "Corazón delator"...Quen dixo MEDO?

sábado, 2 de noviembre de 2013

Los Simpsons: Parodia de ''O corazón delator''

Xa que na última reunión limos ''O corazón delator'' de Edgar Allan Poe, estiven buscando o capítulo no que Los Simpsons parodian este conto de terror. Aquí tedes o enlace do capítulo completo. Espero que vos guste!
http://allmyvideos.net/gv4vddwpfbzg
Pasos a seguir para velo vídeo:

  1. Abrir o enlace
  2. Pinchar co botón esquerdo do rato en ''Continue to video''
  3. Pinchar co botón esquerdo do rato na ''x'' que hai na imaxe principal do vídeo
  4. Darlle a ''play'' varias veces ata que comeze o vídeo
    Nota sobre os pasos:
    Case en tódolos pasos que des para ver o vídeo che aparecerá publicidade.Elimínaa.