"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

miércoles, 26 de enero de 2011

SEMANA DA PAZ



Con motivo da celebración no Instituto da SEMANA DA PAZ quero que vexades esta presentación feita noutro centro e que contén moitos poemas que falan de paz. A maioría deles son poemas escritos por autores estranxeiros, autores de países de moitos alumnos e compañeiros de clase.

Propoño que votemos o que máis nos guste, e o que gañe terá o privilexio de saír na páxina central de arquivos do trasno. QUE VOS PARECE?

 

 DIA DE LA PAZ 2011


miércoles, 19 de enero de 2011

POEMAS DE XULLO E XANEIRO: XANEIRO

Estamos en inverno. Por esa razón retomamos o poema do mes cuns versos da nosa ROSALÍA que empezan "Cando era tempo de inverno...". Que Rosalía? Rosalía só hai unha:


Cando era tempo de inverno
pensaba en donde estarías,
cando era tempo de sol
pensaba en donde andarías.
¡Agora... tan soio penso,
meu ben, si me olvidarías!

(Párrafo XVI de Follas Novas - 1880)

No seguinte enlace podédela escoitar cantada por AMANCIO PRADA, unha delicia!

martes, 18 de enero de 2011

REUNIÓN CON CONVIDADO

Hoxe tivemos reunión do club de lectura para falar do libro que estamos xa terminando de ler, "No pidas sardinas fuera de temporada" de A. Martín e J. Ribera. Pero non foi unha reunión como as outras, xa que tivemos un convidado, mellor dito, unha convidada, a profesora Manuela Catoira. Veunos falar en concreto dun libro que, segundo nos contou, lle deixou unha profunda pegada na súa xuventude, O xogador de F. Dostoievski. E falounos do protagonista, un home que xogaba compulsivamente á ruleta e no cal o xogo se convertiu nunha verdadeira obsesión. Foi esa obsesión e esa loita por superala o que a ela, unha moza entón, lle impresionou máis. Claro que tamén nos dixo que máis tarde soubo que a obra contiña datos autobiográficos e que o escritor ruso sentiu na súas propias carnes a ludopatía, enfermidade que o levou a contraer enormes deudas. Seguramente por iso foi quen de narrar dunha maneira tan realista e sentida.
En fin, que Manuela nos abriu as ganas de ler a Dostoievski.
GRAZAS POLA VISITA E POLA CHARLA!
Ao fío do tema, podemos escoitar a canción The gambler de Kenny Rogers.