Gatipedro. Praza do Humor (A Coruña)
En decembro limos a fauna máxica (Escola de menciñeiros, 1960) de Álvaro Cunqueiro para commemorar o centenario do nacemento deste autor galego e, ao mesmo tempo, participar no MES DE CUNQUEIRO organizado pola biblioteca do centro.
Serva de exemplo este relato do Gatipedro do que os alumnos de 4º fixeron uns fermosísimos debuxos que están expostos no taboleiro da entrada.
O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro; o gatipedro ven polas noites ás casas, e párase nas habitacións nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga polo seu corniño, e o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela, sona que mexa, e de verdade mexa na cama. Pra espantar o gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto e ó pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademais de nas catro patas, na língua, e probando coista o sabor do sal, o gatipedro dá a volta e prosegue a súa nuturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario