"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

lunes, 24 de octubre de 2011

EL RÍO QUE SE SECABA LOS JUEVES


Os 94 relatos que compoñen este libro están repletos de humor e en ningún caso nos deixan indiferentes. Pero son realmente relatos? Sexan o que sexan, algúns deles chegan a provocar o sorriso (recomendo o relato los reyes godos y la mnemotecnia) mais outros deixan ao lector frío ou incitan a pechar o libro.
Están ilustrados con 30 sedutoras imaxes de Pablo Amargo cheas de metáforas.
O autor Víctor González ten un blog no que publica máis relatos. Recomendo el hombre y el león ou Tintín
Como din que un libro leva a outro, tal vez cando o terminemos poderíamos botarlle unha ollada ás greguerías de R. Gómez de la Serna. Qué vos parece?

No hay comentarios: