![]() |
Clara Campoamor, unha das mulleres que loitaron polo sufraxio universal en España |
Aproveitando que o mes de marzo rematou fai pouco, considero que é un moi bo momento para comentar un tema que ten moito en común co argumento de A evolución de Calpurnia Tate: A situación da muller no mundo actual.
Preguntaredes cal é a relación que garda este tema tan polémico co mes que deixamos fai pouco e co libro que estamos a ler no club actualmente. A primeira pregunta é moi fácil de responder: o Día da Muller Traballadora celébrase o día 8 de marzo. A resposta da segunda é moito máis complexa: no libro descríbese como, fai un siglo, a situación das mulleres era moi diferente á dos homes, e, de feito, o mellor exemplo diso é a propia protagonista. Calpurnia é unha nena que está a recibir a educación típica dunha muller, é dicir, ten que aprender a falar francés, coser, cociñar e tocar o piano. Isto lévame a formularvos dúas cuestións:
Credes que a situación da muller ten mudado moito desde finais do século XIX ou, pola contra, segue a parecerse moito?
Por que estarían as actividades que realiza a nena protagonista asociadas ao mundo das mulleres? Segue a existir unha división entre actividades femininas e masculinas?
Agardo as vosas respostas!
1 comentario:
Gústame a túa entrada. E como vexo que ninguén contesta, creo que xa teño actividade para o próximo club de lectura: LER ESTA ENTRADA TAN INTERESANTE e que ten tanto que ver co libro que estamos a ler.
Publicar un comentario