"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

martes, 15 de febrero de 2011

ACORDOS DO CLUB DE LECTURA

Porque cremos que os libros nos abren camiños que doutra maneira quedarían cerrados.
Porque cremos que os libros nos axudan a entender mellor nosas vivencias, a crecer, a ser persoas.
Porque cremos que ler esperta a nosa imaxinación e as gañas de aprender.
Porque cremos que un é o que é polo que leu.
Porque cremos que a lectura compartida enriquece as persoas.
Porque cremos que ler e comentar logo con outros esa lectura é un verdadeiro pracer.

POR TODO ISTO creamos este club de lectura e xa levamos dous anos.
Agora cremos chegado o momento de establecer uns acordos que marquen un sendeiro claro por onde todos poidamos camiñar.



Acordo 1- Todos temos dereito a ler un libro enteiro, pero tamén temos dereito a deixalo sen terminar se non nos gusta.

Acordo 2- Todos hemos de respetar as opinións e os gustos dos demais.

Acordo 3- Debemos dar unha oportunidade a todos os libros aínda que o autor, título ou portada non nos guste.

Acordo 4- Acordamos ler aqueles libros que eliximos entre todos.

Acordo   5- Acordamos procurar ler o libro elixido para a data establecida.

Acordo 6- Todos debemos colaborar no funcionamento do blog (escribir entradas, facer comentarios...)
  
------  Acordos aprobados polo conxunto do club de lectura.
------  Acordos sen aprobar polo conxunto do club de lectura polo momento.

5 comentarios:

Charlene dijo...

Eu propoño este acordo:
Debemos dar unha oportunidade a todos os libros aínda que o autor, título ou portada non nos guste.

Matilde dijo...

Propoño un cuarto acordo:
Acordamos ler aqueles libros que eliximos entre todos.

Charlene dijo...

eu estou de acordo co acordo de matilde

Arquivos do trasno dijo...

Propoño un novo acordo:
Acordamos que debemos procurar ler o libro elixido para a data establecida.

Nicolás dijo...

Propoño o sexto acordo:
-Todos debemos colaborar no funcionamento do blog (escribir entradas, facer comentarios...)