"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

martes, 23 de noviembre de 2010

NON pidas sardiñas en setembro, cando aínda loce o sol



Estes días andamos como nenos con zapatos novos co noso blog: ESTAMOS DE ESTRENO. Andamos a voltas coa estética do blog que, aínda que sabemos que non é o máis importante, nos preocupa. Mais queremos retomar o obxectivo que un día nos xuntou neste club de lectura: OS LIBROS.

Agora estamos a ler dous libros:
- No pidas sardina fuera de temporada de A. Martín y J. Ribera
- Luces de Septiembre de C. Ruiz Zafón
Aínda non sabemos con exactitude do que tratan, pero os dous teñen moi boa pinta

Esperamos os vosos comentarios!!

2 comentarios:

Arquivos do trasno dijo...

Precioso, aínda que sei que a algúns non lles gusta "o rosa"....
Bueno, agora toca comentar as lecturas. Como aínda estamos a ler eses dous libros, poderíamos comezar comentando algo sobre "Marina", pois así ao mellor animamos a outras persoas a lelo.

Marta dijo...

Noraboa polo blog. Gústame moito. Deséxovos unha feliz singladura.
Vóuvos facer un enlace directo ao blog da biblioteca porque así non se vos ve ben. De feito, eu non me decatei da vosa existencia ata que mo dixo Matilde.