Estamos a ler nun dos grupos de bacharelato o libro Maldito Karma de David Safier, o autor que coñecimos hai pouco no Ágora. É unha obra de humor, fácil de ler e que nos está a servir de contrapeso a La verdad sobre el caso Savolta, moito máis densa. Por iso na última reunión deste grupo estivemos a tratar este tema, xa que a maioría dos membros do club prefiren unha obra fácil de ler e eu insistin que para "correr 10 kmts sen cansar, debemos correr a miudo e ir aumentando paulatinamente a distancia porque se non o facemos desta maneira nunca conseguiremos a meta: correr os 10 sen cansar". Se queremos ser bos lectores debemos comezar polo fácil pero pouco a pouco ir subindo de categoría", porque a boa literatura require un bo entrenamento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario