"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú
Mostrando entradas con la etiqueta actualidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actualidade. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de abril de 2011

CALPURNIA TATE E A SITUACIÓN DA MULLER NO MUNDO ACTUAL (Nicolás)

Clara Campoamor, unha das mulleres que loitaron polo sufraxio universal en España

Aproveitando que o mes de marzo rematou fai pouco, considero que é un moi bo momento para comentar un tema que ten moito en común co argumento de A evolución de Calpurnia Tate: A situación da muller no mundo actual.
Preguntaredes cal é a relación que garda este tema tan polémico co mes que deixamos fai pouco e co libro que estamos a ler no club actualmente. A primeira pregunta é moi fácil de responder: o Día da Muller Traballadora celébrase o día 8 de marzo. A resposta da segunda é moito máis complexa: no libro descríbese como, fai un siglo, a situación das mulleres era moi diferente á dos homes, e, de feito, o mellor exemplo diso é a propia protagonista. Calpurnia é unha nena que está a recibir a educación típica dunha muller, é dicir, ten que aprender a falar francés, coser, cociñar e tocar o piano. Isto lévame a formularvos dúas cuestións:

Credes que a situación da muller ten mudado moito desde finais do século XIX ou, pola contra, segue a parecerse moito?  

Por que estarían as actividades que realiza a nena protagonista asociadas ao mundo das mulleres? Segue a existir unha división entre actividades femininas e masculinas?

Agardo as vosas respostas!