"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú
Mostrando entradas con la etiqueta muller. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta muller. Mostrar todas las entradas

lunes, 24 de noviembre de 2014

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: outubro e novembro

Mañá 25 de novembro é o Día contra a violencia de xénero. Por iso, para incidir en que a violencia ten que terminar, eliximos estes poemas do mes de outubro e novembro.


Yo conocía el rincón donde ella lloraba en solitario,
cerca de una fuente,cerca de un metro,de un descampado
mi niña de ojos de nadie,esta muñeca de trapo ,
desmembrada de tanto sufrir, ahorcada en su noche,
prisionera de sí misma, prisionera de sí.

Cristina Martín (Princesa Inca)

Eu son un ser humano
mesmo antes de ser esposa dun marido
e antes de ser nai dos nenos;
son un ser humano, en primeiro lugar.
Eu son un ser humano,
as cadeas xa están rotas,
o camiño cara á liberdade está aberto
e o poder dado polo ceo está repleto.
Ah, novas rapazas,
seguídeme como ao voso propio espertar,
levantádevos e exercede o voso poder!
A luz dun novo día está a brillar.

Na Hye-Sok

[Tomados dun traballo colaborativo do equipo de biblioteca e do club de lectura “Pedra do Acordo” do IES “San Paio” de Tui.]

martes, 5 de abril de 2011

CALPURNIA TATE E A SITUACIÓN DA MULLER NO MUNDO ACTUAL (Nicolás)

Clara Campoamor, unha das mulleres que loitaron polo sufraxio universal en España

Aproveitando que o mes de marzo rematou fai pouco, considero que é un moi bo momento para comentar un tema que ten moito en común co argumento de A evolución de Calpurnia Tate: A situación da muller no mundo actual.
Preguntaredes cal é a relación que garda este tema tan polémico co mes que deixamos fai pouco e co libro que estamos a ler no club actualmente. A primeira pregunta é moi fácil de responder: o Día da Muller Traballadora celébrase o día 8 de marzo. A resposta da segunda é moito máis complexa: no libro descríbese como, fai un siglo, a situación das mulleres era moi diferente á dos homes, e, de feito, o mellor exemplo diso é a propia protagonista. Calpurnia é unha nena que está a recibir a educación típica dunha muller, é dicir, ten que aprender a falar francés, coser, cociñar e tocar o piano. Isto lévame a formularvos dúas cuestións:

Credes que a situación da muller ten mudado moito desde finais do século XIX ou, pola contra, segue a parecerse moito?  

Por que estarían as actividades que realiza a nena protagonista asociadas ao mundo das mulleres? Segue a existir unha división entre actividades femininas e masculinas?

Agardo as vosas respostas!