Alguns dos novos membros do club de lectura de 1º de ESO estades moi animados a representar unha obra de teatro a fin de curso. Tan animados que mesmo a estades escribindo vós. A obra ten que ver coa lectura que emprendimos estes días, "La Cenicienta" de PERRAULT. Mentres ensaiamos, onte martes na reunión do club tomamos estes acordos:
1-Facer unha lectura dramatizada do conto tradicional e gravala coa Tablet nas vindeiras reunións do club.
2-Facer un primeiro ensaio xeral do texto da Cenicienta escrita polos alumnos o día 27 de maio na hora de titoría.
3-Traer o día 27 de maio o esquema dos decorados e vestuario.
4-O texto queda fixado e desde hoxe xa non se admiten máis cambios.
5-A data probable da representación no salón de actos será o xoves 20 de xuño.
Noraboa pola vosa participación na Semana Cultural sobre patrimonio.
A próxima reunión é o martes que vén, 14 de maio, día que comezaremos a gravar a lectura dramatizada.
Mentres chega esa reunión, aquí tedes algo sobre Cenicienta.
http://es.wikipedia.org/wiki/Cenicienta
"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú
Mostrando entradas con la etiqueta reunións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reunións. Mostrar todas las entradas
miércoles, 8 de mayo de 2013
viernes, 30 de septiembre de 2011
DE NOVO XUNTOS
O traballo de organización propio de principios de curso non nos permitiu ata agora fixar a primeira reunión do noso club de lectura. Pero xa é tempo de reunirnos a ler e falar de libros, así que...
PRIMEIRA REUNIÓN DO TRASNO NA REDE o martes 11 de outubro ás 18.10. Difundídeo entre os compañeiros de 3º e 4º de ESO para ampliar o grupo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
