"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

jueves, 8 de enero de 2015

La verdad sobre el caso Savolta


Comezamos cun dos títulos máis destacados de Eduardo Mendoza. É a súa primeira novela, escribiuna en 1975 e está ambientada na Barcelona de principios do século XX, época de revoltas sociais entre traballadores e patronos. Foi levada ao cine por Antonio Dovre en 1979:

Barcelona entre os anos 1917 e 1923. É a época do pistoleirismo, durante a que o enfrontamento entre pistoleiros anarquistas e sicarios pagados pola patronal produxo un número escandaloso de mortes. O enfrontamento entre os traballadores anarquistas e os propietarios da fábrica de armas Savolta agrávase cando a familia Savolta decide acabar coa rebelión contratando asasinos a soldo e urdindo intrigas coa finalidade de agochar as súas ilegales transaccións con Alemania. Adaptación de la novela homónima de Eduardo Mendoza.

A súa forma de narrar é complexa debido aos saltos no tempo que realiza, a alternancia de secuencias e ao perspectivismo.


Contexto literario: a novela dos anos 70
Nos anos 70 prodúcese un cansancio ante os excesos da experimentación da década dos 60, e a volta ao relato tradicional e ao argumento, desde unha óptica irónica e distante. Vólvese ao mundo do personal, non hai unha análise complexa do mundo nin tampouco hai personaxes de envergadura; o
narrador adoita ser o protagonista.
Prodúcese unha influencia dos medios de comunicación, que impulsan o gusto por xéneros como a novela-reportaxe, seguindo o esquema do periodismo de investigación, e a cultura de masas.
Existe unha atención ao formal: son obras ben escritas, pero non profundizan nas posibilidades creativas da linguaxe. O estilo é realista e tradicional. Os espazos oscilan entre o coñecido (a cidade de provincias, o barrio) e o cosmopolita e exótico.

Unha das obras máis importantes desta década é La verdad sobre el caso Savolta (1975) de Eduardo Mendoza.

Para saber máis sobre a obra premede neste enlace 

No hay comentarios: