"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú
Mostrando entradas con la etiqueta club. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta club. Mostrar todas las entradas

viernes, 30 de septiembre de 2011

DE NOVO XUNTOS


O traballo de organización propio de principios de curso non nos permitiu ata agora fixar a primeira reunión do noso club de lectura. Pero xa é tempo de reunirnos a ler e falar de libros, así que...
PRIMEIRA REUNIÓN DO TRASNO NA REDE o martes 11 de outubro ás 18.10. Difundídeo entre os compañeiros de 3º e 4º de ESO para ampliar o grupo.

martes, 5 de abril de 2011

CALPURNIA TATE E A SITUACIÓN DA MULLER NO MUNDO ACTUAL (Nicolás)

Clara Campoamor, unha das mulleres que loitaron polo sufraxio universal en España

Aproveitando que o mes de marzo rematou fai pouco, considero que é un moi bo momento para comentar un tema que ten moito en común co argumento de A evolución de Calpurnia Tate: A situación da muller no mundo actual.
Preguntaredes cal é a relación que garda este tema tan polémico co mes que deixamos fai pouco e co libro que estamos a ler no club actualmente. A primeira pregunta é moi fácil de responder: o Día da Muller Traballadora celébrase o día 8 de marzo. A resposta da segunda é moito máis complexa: no libro descríbese como, fai un siglo, a situación das mulleres era moi diferente á dos homes, e, de feito, o mellor exemplo diso é a propia protagonista. Calpurnia é unha nena que está a recibir a educación típica dunha muller, é dicir, ten que aprender a falar francés, coser, cociñar e tocar o piano. Isto lévame a formularvos dúas cuestións:

Credes que a situación da muller ten mudado moito desde finais do século XIX ou, pola contra, segue a parecerse moito?  

Por que estarían as actividades que realiza a nena protagonista asociadas ao mundo das mulleres? Segue a existir unha división entre actividades femininas e masculinas?

Agardo as vosas respostas!

martes, 15 de marzo de 2011

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DOS ROSAIS

Hoxe acudimos á biblioteca dos Rosais, que é a biblioteca que temos máis preto do Instituto, a escoitar cómo se conta un conto. A receita para facelo ben é "moito entusiasmo". E falta nos vai facer porque dentro de algunhas semanas tócanos a nós contar o conto aos pequenos desa biblioteca, actividade que imos preparar con moito entusiasmo.
O primeiro é ver qué libros nos gustan, porque se non nos gustan non seremos quen de trasmitir a historia que contemos. Unha vez elixido o libro (ou os libros), o segundo será repartir os papeis entre nós e practicar. A cousa promete. Xa iremos contando.

viernes, 4 de marzo de 2011

Por fin, LA EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE

Calpurnia Virxinia Tate, Callie Vee, é unha nena que vive nun pobo de Texas. A pesar de que a súa nai insiste en que aprenda a tocar o piano, coser e cociñar, ela está máis interesada no que ocorre tras a porta cerrada da biblioteca, ou no laboratorio do seu avó. Pouco a pouco irá gañándose a este señor un tanto huraño e empezará a colaborar con él nas súas observacións do medio natural, aprenderá quén é Darwin, qué son as especies e as subespecies e tamén o idiotas que se volven os irmans maiores cando se namoran.
Así empeza...
"Aquel veran de 1899, eu tiña once anos e era a única nena de sete irmans....."
¿QUEN EMPEZA A COMENTAR?

martes, 15 de febrero de 2011

ACORDOS DO CLUB DE LECTURA

Porque cremos que os libros nos abren camiños que doutra maneira quedarían cerrados.
Porque cremos que os libros nos axudan a entender mellor nosas vivencias, a crecer, a ser persoas.
Porque cremos que ler esperta a nosa imaxinación e as gañas de aprender.
Porque cremos que un é o que é polo que leu.
Porque cremos que a lectura compartida enriquece as persoas.
Porque cremos que ler e comentar logo con outros esa lectura é un verdadeiro pracer.

POR TODO ISTO creamos este club de lectura e xa levamos dous anos.
Agora cremos chegado o momento de establecer uns acordos que marquen un sendeiro claro por onde todos poidamos camiñar.



Acordo 1- Todos temos dereito a ler un libro enteiro, pero tamén temos dereito a deixalo sen terminar se non nos gusta.

Acordo 2- Todos hemos de respetar as opinións e os gustos dos demais.

Acordo 3- Debemos dar unha oportunidade a todos os libros aínda que o autor, título ou portada non nos guste.

Acordo 4- Acordamos ler aqueles libros que eliximos entre todos.

Acordo   5- Acordamos procurar ler o libro elixido para a data establecida.

Acordo 6- Todos debemos colaborar no funcionamento do blog (escribir entradas, facer comentarios...)
  
------  Acordos aprobados polo conxunto do club de lectura.
------  Acordos sen aprobar polo conxunto do club de lectura polo momento.

martes, 18 de enero de 2011

REUNIÓN CON CONVIDADO

Hoxe tivemos reunión do club de lectura para falar do libro que estamos xa terminando de ler, "No pidas sardinas fuera de temporada" de A. Martín e J. Ribera. Pero non foi unha reunión como as outras, xa que tivemos un convidado, mellor dito, unha convidada, a profesora Manuela Catoira. Veunos falar en concreto dun libro que, segundo nos contou, lle deixou unha profunda pegada na súa xuventude, O xogador de F. Dostoievski. E falounos do protagonista, un home que xogaba compulsivamente á ruleta e no cal o xogo se convertiu nunha verdadeira obsesión. Foi esa obsesión e esa loita por superala o que a ela, unha moza entón, lle impresionou máis. Claro que tamén nos dixo que máis tarde soubo que a obra contiña datos autobiográficos e que o escritor ruso sentiu na súas propias carnes a ludopatía, enfermidade que o levou a contraer enormes deudas. Seguramente por iso foi quen de narrar dunha maneira tan realista e sentida.
En fin, que Manuela nos abriu as ganas de ler a Dostoievski.
GRAZAS POLA VISITA E POLA CHARLA!
Ao fío do tema, podemos escoitar a canción The gambler de Kenny Rogers.

 

martes, 16 de noviembre de 2010

O noso novo blog!


O noso querido club de lectura xa leva un ano de vida, e, para celebrar este aniversario, temos este novo blog no que compartir opinións sobre esas cousas tan especiais,os libros, que sempre deberían ir canda nos. Ademáis, comprácenos anunciar que este curso comezamos xa co noso nome oficial "O trasno na rede" e que, despois de ler moitos libros e realizar diversas actividades o ano pasado, este ano comezamos lendo os seguintes libros, que pese a ser moi diferentes comprometímonos a lelos:

- No pidas sardina fuera de temporada de A. Martín y J. Ribera

- Luces de Septiembre de C. Ruiz Zafón

Queredes saber máis?, pois seguide lendo e comentando!

BENVIDOS E DESEXAMOS QUE VOS GUSTE O NOSO NOVO BLOG!!!