"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

martes, 26 de noviembre de 2013

NO TEATRO TAN CONTENTOS


La señorita Cora de JULIO CORTÁZAR



Este relato conta a historia de Pablo, un adolescente de 15 anos que está no hospital ingresado para ser operado do apéndice. Alí coñece a Cora, unha enfermeira de 19 anos, encargada de coidalo. Pablo, que é un adolescente moi tímido e con ansias de liberdade fronte á superprotección materna, pensa que é unha enfermeira moi guapa e síntese mal cada vez que ela o trata como a un neno. 
Pablo ten moitas gañas de dicirlle o guapa que é pero nunca se atreve. Cora coméntalle a seu noivo Marcial que non entende qué le pasa con ese neno. Cora desexa que chegue o día da operación para así deixar de velo e de sentirse mal por él. Despois da operación Pablo recibe a nova de que pasará máis tempo no hospital xa que se detectaron complicacións na operación e Pablo pensa que terá que pasar máis tempo coa señorita Cora e iso non lle gusta porque se avergoña.
[resumo de Miguel- 1º de Bacharelato B]

Neste relato Cortázar utiliza a técnica do monólogo interior dos personaxes, e o cambio repentino de narrador da historia, nun mesmo párrafo ou mesmo nunha mesma frase, de maneira que a historia evoluciona contada alternativamente por diferentes personaxes que toman parte dos acontecementos: o neno (Pablo), súa nai, a enfermeira Cora, o ciruxano (Suárez), o doctor De Luisi e o anestesista amante da enfermeira (Marcial).

Enlace ao conto

miércoles, 13 de noviembre de 2013

TEATRO

Este venres os cinco grupos de Bacharelato do club de lectura "o trasno na rede" imos ás 8.30 ao teatro Rosalía a ver a obra "El chico de la última fila", obra que están xa a ler os membros do grupo 1, e que logo imos ler os demáis grupos.Esperamos os vosos comentarios a partir do sábado.

domingo, 10 de noviembre de 2013

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: novembro

Estamos xa en outono. Ademáis sabemos que estamos a vivir unha época de crise. Por iso escollimos este poema que podemos comentar ao comezo da reunión do martes.

TODAS LAS MAÑANAS, CUANDO LEO EL PERIÓDICO
Me asomo a mi agujero pequeñito.
Fuera suena el mundo, sus números, su prisa,
sus furias que dan a una su zumba y su lamento.
Y escucho. No lo entiendo.
Los hombres amarillos, los negros o los blancos,
la Bolsa, las escuadras, los partidos, la guerra:
largas filas de hombres cayendo de uno en uno.
Los cuento. No lo entiendo.
Levantan sus banderas, sus sonrisas, sus dientes,
y una belleza ofrece su sexo a la violencia.
sus tanques, su avaricia, sus cálculos, sus vientres
Lo veo. No lo creo.
Yo tengo mi agujero oscuro y calentito,
Si miro hacia lo alto, veo un poco de cielo.
Puedo dormir, comer, soñar con Dios, rascarme.
El resto no lo entiendo.

TODAS LAS MAÑANAS, CUANDO LEO EL PERIÓDICO (Gabriel Celaya)

sábado, 9 de noviembre de 2013

Mirade e escoitade este rap.


REPARTO DE GRUPOS

Hai xa días tivemos a reunión para repartir os grupos de Bacharelato do noso club de lectura. Catro profesores ímonos facer cargo dos cinco grupos en diferentes horarios elixidos por vós.
Comezaremos con estas lecturas:
-A praia dos afogados de DOMINGO VILLAR
-Un mundo feliz de ALDOUS HUXLEY
-Travesuras de la niña mala de MARIO VARGAS LLOSA
-El chico de la última fila de JUAN MAYORGA
-Antes de los dieciocho (antoloxía) de MERCEDES CHOZAS

A idea é ir turnándonos e que todos os grupos leamos os mesmos libros.
Esperamos as vosas entradas comentando as lecturas.

Vídeo do CORAZÓN DELATOR

Agora que estamos celebrando esta semana o SAMAÍN e que xa limos e comentamos o conto de POE, nada mellor que ver o vídeo do "Corazón delator"...Quen dixo MEDO?

sábado, 2 de noviembre de 2013

Los Simpsons: Parodia de ''O corazón delator''

Xa que na última reunión limos ''O corazón delator'' de Edgar Allan Poe, estiven buscando o capítulo no que Los Simpsons parodian este conto de terror. Aquí tedes o enlace do capítulo completo. Espero que vos guste!
http://allmyvideos.net/gv4vddwpfbzg
Pasos a seguir para velo vídeo:

  1. Abrir o enlace
  2. Pinchar co botón esquerdo do rato en ''Continue to video''
  3. Pinchar co botón esquerdo do rato na ''x'' que hai na imaxe principal do vídeo
  4. Darlle a ''play'' varias veces ata que comeze o vídeo
    Nota sobre os pasos:
    Case en tódolos pasos que des para ver o vídeo che aparecerá publicidade.Elimínaa.

martes, 29 de octubre de 2013

O corazón delator



O corazón delator (The Tell-Tale Heart) foi escrito no ano 1843 polo escritor estadounidense EDGAR ALLAN POE, un verdadeiro mestre da literatura de terror. Preséntanos a un home obsesionado co ollo dun vello co que convive. É un ollo azul e velado por unha tea, semellante ao dun voitre. Un ollo que o enlouquece e decide asasinalo. Pero o que realmente quere o narrador é convencernos de que non está louco. Que opinades vós?

enlace ao texto  http://www.ciudadseva.com/textos/cuentos/ing/poe/el_corazon_delator.htm

sábado, 26 de octubre de 2013

BOAS NOVAS

QUÉ BEN! Semella que este ano teremos varios grupos do club de lectura. Por un lado un grupo de 10 alumnos de 1º e 2º de ESO que xa nos reunimos e comezamos a ler un conto de medo, para celebrar O SAMAÍN que xa está aí. Por outro cinco grupos (sí, cinco) de Bacharelato que faremos a primeira reunión este luns no 2º recreo. 
¿É ou non é unha boa nova? Non estaría nada mal que, xa que somos moitos, algún membro do club ao que lle guste o deseño fixese un anagrama que nos representase a todos.
Vémonos a semana que vén que seguro que hai máis noticias importantes. 

jueves, 24 de octubre de 2013

É importante que os pais lean contos aos fillos?

Mentres lemos o conto e esperamos a reunirnos, podemos ir tratando e falando do primeiro tema que vos propoñemos este curso: É importante que os pais lean contos aos fillos? Que lembras desa etapa?



Aqui vos deixamos este enlace para que vaiades lendo sobre o tema.


lunes, 21 de octubre de 2013

PRIMEIRA REUNIÓN

O venres decidimos que hoxe luns, no 2º recreo, recolleremos na biblioteca un conto, e que nos reuniremos o martes 29 de outubro ás 15.45 para falar sobre o que limos. Ademáis ese día teremos unha sorpresa.
Ata entón ide mirando este blog porque falaremos do conto en cuestión...QUÉ MEDO!

jueves, 10 de octubre de 2013

BENVIDOS!

Este mes de outubro comezamos unha nova singradura do noso club de lectura. Temos novidades que vos iremos contando. Pero o primeiro é que vos anotedes urxentemente esta semana os que aínda non o fixestes para que vexamos cántos somos finalmente.
Para comezar, podemos ter unha primeira reunión o venres 18 de outubro no 2º recreo na aula de GREGO.
Ide pensando qué lecturas queredes que compartamos, e se vos parece ben fixar os martes ás 15.45 como día e hora para as reunións.
Mentres esperamos esa reunión que nos poña en camiño, aí vai o poema do mes de setembro, Penélope de X. Mª Díaz Castro, autor ao que se adica o Día das Letras Galegas no 2014:


Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.


Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.


Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.


Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!



DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961.

Se premedes no enlace poderedes escoitalo cantado.
http://sondepoetas.blogspot.com.es/2007/10/penlope.html

miércoles, 19 de junio de 2013

GRAVACIÓNS D´A CENICIENTA

Aqui están xa as gravacións que fixemos ao longo da semana pasada nos recreos como práctica para a obra de teatro.

jueves, 13 de junio de 2013

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: xuño

Nesta sección, este mes imos recoller dous poemas en lugar de un. O primeiro será de X.Mª Díaz Castro, o poeta de Guitiriz do que nos falaron no acto do martes na biblioteca da Ágora. O segundo será sobre a festa de San Xoán para a que tan só faltan dez días.
Hoxe comezamos polo poema sobre o San Xoán:

El poniente impecable en esplendores
quebró a filo de espada las distancias.
Suave como un sauzal está la noche.
Rojos chisporrotean
los remolinos de las bruscas hogueras;
leña sacrificada
que se desangra en altas llamaradas,
bandera viva y ciega travesura.
La sombra es apacible como una lejanía;
hoy las calles recuerdan
que fueron campo un día.
Toda la santa noche la soledad rezando
su rosario de estrellas desparramadas.
"La noche de San Juan" de J.L. BORGES

miércoles, 12 de junio de 2013

Acto na biblioteca da Ágora

Onte pola tarde o noso club de lectura asistiu a un acto na biblioteca da Ágora, no que se proxectou un vídeo elaborado por alumnos do IES de Guitiriz sobre o poeta X. Mª Díaz Castro


Imaxes do acto

Durante esta actividade ocorreúsenos que o poema de xuño podería ser deste poeta de Guitiriz, do seu único libro publicado "Nimbos". A partir de agora e ata a próxima reunión temos tempo de sobra para buscar algún que nos guste.

miércoles, 5 de junio de 2013

Botade unha ollada a esta lista. Son os 25 libros máis lidos nos clubs de lectura de centros escolares galegos. Fixádevos que "Los juegos del hambre" aparece en 4º lugar:

OS 25TÍTULOS MÁIS LIDOS NOS CLUBS DE LECTURA DURANTE O CURSO 2012/2013
Autor
Título
Idioma
Nº de clubs
Villar, Domingo
A praia dos afogados
G
13
Neira Vilas, Xosé
Memorias dun neno labrego
G
12
Roca, Paco
Enrugas
G
11
Collins, Suzanne
Los juegos del hambre
C
11
Haddon, Mark
 El curioso incidente del perro medianoche
C
10
Boyne, J
El niño con el pijama de rayas
C
9
Fernández Paz, Agustín
Non hai noite tan longa
G
9
Castelao
Cousas
G
8
Gallego, Laura
Donde los árboles cantan
C
8
Muñoz Singala
O achado do castro
G
8
Lienas, Gema
O diario violeta de Carlota
G
8
Moure, Gonzalo
Palabras de caramelo
C
8
Satrapa, Marjani
Persépolis
C
8
Vasconcelos, J. Mario de
A miña planta de laranxa lima
G
7
Docampo, Xabier P.
Cando petan na porta pola noite
G
7
Fernández Paz, Agustín
Cartas de inverno
G
7
Castro, Fran
Chamádeme Simbad
G
7
Christie, Agatha
Diez negritos
C
7
Fernández Paz, Agustín
Cartas de invierno
G
7
Emmanuel Schimitt
El señor Ibrahim y las flores del Corán
C
7
Claudel, Philippe
La nieta del señor Linh
C
7
Spiegelman, Art
Maus
C
7
Calveiro, Marcos
O pintor do sombreiro de malvas
G
7
Villar, Domingo
Ollos de auga
G
7
Alonso, Fran
Poetízate
C
7

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: maio

Deixamos atrás o mes de maio, con máis chuvia que rosas, pero dedicado ás Letras Galegas. Este ano tamén celebramos o 150º aniversario de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Vaia este poema como homenaxe a ambos, a maio e a Rosalía.
Maio longo... maio longo. 

Maio longo... maio longo,
todo cuberto de rosas,
para algús telas de morte;
para outros telas de vodas.
Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.

Rosalía de Castro (1993), Follas Novas

Por que "A Cenicienta"?

Estas son as algunhas das vosas respostas á pregunta "Por que elixistes este conto para facer unha reinterpretación teatral?
Blogger O trasno na rede dijo...
Porque creo que es una obra de teatro muy chula y divertida.
4 de junio de 2013 16:18
 Eliminar
Blogger O trasno na rede dijo...
La elegimos porque creemos que es un ejemplo de maltrato injusto.
4 de junio de 2013 16:18
 Eliminar
Blogger O trasno na rede dijo...
para demostrar que no solo es un cuento para niños pequeños
4 de junio de 2013 16:19
 Eliminar
Blogger O trasno na rede dijo...
porque me pareció interesante hacer una adaptación moderna de un clásico cuento de hadas tan famoso.Y porque creo que es un ejemplo de superación,ya que ella a pesar de las condiciones sociales que tenía hace todo lo posible por cumplir su sueño y demostrar que puede ser tan buena como sus hermanastras.
4 de junio de 2013 16:20
 Eliminar
Blogger O trasno na rede dijo...
Porque es una historia atemporal, válida para todas las épocas, que nos enseña que los malos no siempre triunfan y los buenos con esfuerzo e ilusión consiguen lo deseado.
4 de junio de 2013 16:21
 Eliminar

Seguiremos con este conto e, sobre todo, ensaiando a función teatral para o día 20 de xuño. Mentres chega ese día, hoxe comezamos a ler "Los juegos del hambre". Na próxima reunión do martes 11 comentaremos o capítulo 1, e á saída de clase ENSAIO XERAL.