Canta terra entre nós dous.
Peno dende que te fuches.
Ai, amor! Ai, amor!
Cando busco nos teus ollos,
magóame o corazón.
Cantas cousas non pasaron!
Ai, amor! Ai, amor!
Pasaron meses e anos,
e a mocidade pasou.
Mido por noites o tempo.
Ai, amor! Ai, amor!
Por ti agardo cada día,
ateigada de ilusión.
Ven axiña, volta a min.
Ai, amor! Ai, amor!
Ai amor, que lonxanía!
Que soedade, que delor!Vivir sen ti non é vida.
Ai, amor! Ai, amor!
Cartas van e cartas veñen
e as palabras tinta son.
Quero escoitar a túa voz!
Ai, amor! Ai, amor!
Peno dende que te fuches.
Ai, amor! Ai, amor!
Cando busco nos teus ollos,
magóame o corazón.
Cantas cousas non pasaron!
Ai, amor! Ai, amor!
Pasaron meses e anos,
e a mocidade pasou.
Mido por noites o tempo.
Ai, amor! Ai, amor!
Por ti agardo cada día,
ateigada de ilusión.
Ven axiña, volta a min.
Ai, amor! Ai, amor!
Ai amor, que lonxanía!
Que soedade, que delor!Vivir sen ti non é vida.
Ai, amor! Ai, amor!
Cartas van e cartas veñen
e as palabras tinta son.
Quero escoitar a túa voz!
Ai, amor! Ai, amor!
Ai, amor! Xosé Neira Vilas
Se premedes no nome do autor podedes escoitar este poema cantado polo grupo A Quenlla.
Se premedes no nome do autor podedes escoitar este poema cantado polo grupo A Quenlla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario