Hoxe tivemos a festa final de todos os grupos que formamos o trasno na rede. Xuntámonos á saída de clase a comer e ver unha película. A elixida foi In a better world, gañadora do Óscar á mellor película de fala non inglesa no 2010, entre outros premios. Aos catro profesores do club pareceunos unha interesante reflexión sobre a violencia, nos dous planos que se plantexan, no campo de refuxiados, e no caso do bullying de Elías. Trátase dunha película que invita a facerse preguntas, pero é o espectador o que debe sacar as súas propias conclusións:
-Que pensades da actitude pacifista do pai de Elías?
-É da reacción de Christian ante o bullying do que é vítima Elías?
Gustaríanos saber as vosas respostas a estas preguntas ou a outras que plantexedes.
Falaremos estes días. CONTINUARÁ
Falaremos estes días. CONTINUARÁ
No hay comentarios:
Publicar un comentario