"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

martes, 26 de noviembre de 2013

La señorita Cora de JULIO CORTÁZAR



Este relato conta a historia de Pablo, un adolescente de 15 anos que está no hospital ingresado para ser operado do apéndice. Alí coñece a Cora, unha enfermeira de 19 anos, encargada de coidalo. Pablo, que é un adolescente moi tímido e con ansias de liberdade fronte á superprotección materna, pensa que é unha enfermeira moi guapa e síntese mal cada vez que ela o trata como a un neno. 
Pablo ten moitas gañas de dicirlle o guapa que é pero nunca se atreve. Cora coméntalle a seu noivo Marcial que non entende qué le pasa con ese neno. Cora desexa que chegue o día da operación para así deixar de velo e de sentirse mal por él. Despois da operación Pablo recibe a nova de que pasará máis tempo no hospital xa que se detectaron complicacións na operación e Pablo pensa que terá que pasar máis tempo coa señorita Cora e iso non lle gusta porque se avergoña.
[resumo de Miguel- 1º de Bacharelato B]

Neste relato Cortázar utiliza a técnica do monólogo interior dos personaxes, e o cambio repentino de narrador da historia, nun mesmo párrafo ou mesmo nunha mesma frase, de maneira que a historia evoluciona contada alternativamente por diferentes personaxes que toman parte dos acontecementos: o neno (Pablo), súa nai, a enfermeira Cora, o ciruxano (Suárez), o doctor De Luisi e o anestesista amante da enfermeira (Marcial).

Enlace ao conto

No hay comentarios: