"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

miércoles, 8 de mayo de 2013

Obra de teatro

Alguns dos novos membros do club de lectura de 1º de ESO estades moi animados a representar unha obra de teatro a fin de curso. Tan animados que mesmo a estades escribindo vós. A obra ten que ver coa lectura que emprendimos estes días, "La Cenicienta" de PERRAULT. Mentres ensaiamos, onte martes na reunión do club tomamos estes acordos:
1-Facer unha lectura dramatizada do conto tradicional e gravala coa Tablet nas vindeiras reunións do club.
2-Facer un primeiro ensaio xeral do texto da Cenicienta escrita polos alumnos o día 27 de maio na hora de titoría.
3-Traer o día 27 de maio o esquema dos decorados e vestuario.
4-O texto queda fixado e desde hoxe xa non se admiten máis cambios.
5-A data probable da representación no salón de actos será o xoves 20 de xuño.

Noraboa pola vosa participación na Semana Cultural sobre patrimonio.
A próxima reunión é o martes que vén, 14 de maio, día que comezaremos a gravar a lectura dramatizada.
Mentres chega esa reunión, aquí tedes algo sobre Cenicienta.

http://es.wikipedia.org/wiki/Cenicienta


No hay comentarios: