"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

lunes, 15 de febrero de 2016

Preguntas sobre "Miña querida Sherezade"

Éstas son as preguntas sobre o libro Miña querida Sherezade, que limos no club de lectura de 1º de ESO neste 2º trimestre, e que queremos prantexar á autora no encontro que teremos con ela mañá martes ás 11.30 no IES "Monte das Moas".

-Por que escolliches o libro “As mil e unha noites”?

-Como se che deu en poñer “un libro” como narrador?

-Existe en realidade o Hotel Imperial en Cuba?

-Cal é o teu personaxe preferido das Mil e unha noites, despois de Sherezade naturalmente? Nós pensamos que é Aladino, non si?

-Dos propietarios por cuias mans vai pasando o libro, cal é o teu favorito?

-Ti na túa casa les todos os libros ou tes alguns que padecen “o mal dos libros acurrunchados”?

Informaremos sobre dito encontro neste blog.




No hay comentarios: