No club de 1º de ESO xa comezamos a ler "Miña querida Sherezade" de Andrea Maceiras. Na primeira reunión comentamos os primeiros cinco capítulos e comezamos a elaborar preguntas con vistas a un encontro que teremos no mes de febreiro coa escritora. Por agora gústanos. Choca que un libro sexa o narrador e que os personaxes dese libro interactúen coa trama que alí se narra. Choca tamén que a trama real siga á dun libro como "As mil e unha noites". Pero por iso mesmo é interesante, porque se sae do normal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario