"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

martes, 18 de febrero de 2014

Comentarios a "O carteiro de Bagdad"

O libro, en xeral, semella que os gustou. Estes foron os vosos comentarios:

   -é unha historia lenta e narra situacións cotiás nun contexto bélico que non sorprenden

   -é demasiado realista
   -remítenos ao ambiente das familias
   -a historia discorre nun ambiente dramático
   -sorpréndenos que todos os capítulos comecen igual
   -é interesante o enfrontamento entre xiitas e sunnitas
   -gustaríame saber de qué maneira se documentou o autor para escribir esta historia
   -tamén quereríamos saber cómo xorde este tema para o libro
   -é curioso o dato das sementes simbolizando a vida
Todos estivestes de acordo en que sería interesante ter unha charla co autor. Así que solicitamos poder falar con el (en persoa ou por Skype) á editorial e estamos á espera de que nos conteste.


No hay comentarios: