Tras un principio de curso con bastantes sobresaltos no que respecta aos horarios dos profesores, e que afectaron ás actividades da biblioteca, podemos dicir que o club de lectura comeza a súa andadura. Case todo é novo:
-TODOS OS ALUMNOS SON NOVOS, son 8 alumnos de 2º e 3º de ESO
-Hai unha PROFESORA NOVA, xa somos dúas.
-A DINÁMICA É NOVA, pensamos actividades diferentes
En fin, RENOVARSE OU MORRER.
Tivemos xa dúas reunións este mes nos sofás da biblioteca no recreo. Pero xa tomamos importantes acordos:
1º. Ler o libro Los escarabajos vuelan al atardecer de María Gripe.
3º. Manter contactos co club de lectura do IES de Monelos, que está a ler o mesmo libro ca nós.
4º. Seguir co blog e coa sección de poesía "Poemas de xuño e xaneiro".
Como vedes moitas novidades e importantes. Seguiremos informando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario