"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

sábado, 31 de mayo de 2014

ACTO HOMENAXE A DÍAZ CASTRO

O pasado martes 20 de maio todos os membros dos clubs de lectura acudimos ao teatro da biblioteca do Ágora a participar no acto de homenaxe a Díaz Castro organizado polo alumnado do IES de Guitiriz. Ademáis un dos nosos membros leu o poema do autor homenaxeado. Aquí está a presentación coas fotos que demostran o ben que o pasamos.
O trasno na rede no Ágora on PhotoPeach

jueves, 29 de mayo de 2014

Fahrenheit 451

Hoxe reunímonos para terminar o último dos libros que imos ler este curso. Trátase de "Fharenheit 451", unha distopía escrita por RAY BRADBURY en 1953 pero que para nada semella anticuada, eu diría que este libro cada ano que pasa é máis moderno porque vemos máis posible o mundo que alí se describe. Destaco dúas frases, poderían ser centos:

“Pero no considero que sea sociable reunir a un grupo de gente y, después, no dejar que hable”.

“Dale a la gente concursos que puedan ganar recordando la letras de las canciones más populares, o los nombres de las capitales de Estado. Atibórralos de datos no combustibles, lánzales encima tantos ‘hechos’ que se sientan abrumados. Entonces tendrán la sensación de que piensan, tendrán la impresión de que se mueven sin moverse. Y serán felices. No les des Filosofía o Sociología para que empiecen a atar cabos. Por ese camino, se encuentra la melancolía”.

Tras debatir en varias reunións sobre esta obra, hoxe terminamos de comentala. A opinión xeral é que gustou bastante, que foi unha lectura interesante que deu para comentarios de todo tipo, desde 
"a muller de Montag é unha c......, é dicir unha impresentable"
"cómo é posible que alguén se deixe queimar polos libros?" 
"hai maxia nesta historia?. Pregúntoo polo episodio do neno do parque"
"imaxino a parede da sala da casa de Montag como unha desas pantallas das pelis de hoxe".

 

viernes, 23 de mayo de 2014

MÁIS SOBRE A LECTURA

Traemos aquí este enlace coa finalidade de tomar consciencia da importancia de ler desde pequenos. Desta maneira conseguiremos que o día de mañá os nosos fillos lean máis e melloren as súas capacidades e o seu desenvolvemento en xeral.