"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

lunes, 20 de mayo de 2013

Leo para ser libre

Tema para falar na próxima reunión: Fainos libres a lectura? Mirade este vídeo e pensade qué efecto ten a lectura en Irene.


miércoles, 8 de mayo de 2013

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: Abril

O 23 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO. No noso recuncho poético correspondente ao mes de abril eliximos este poema de Calderón de la Barca:


Cuentan de un sabio, que un día
tan pobre y mísero estaba,
que sólo se sustentaba
de unas yerbas que cogía.
«¿Habrá otro», entre sí decía,
«más pobre y triste que yo?»
Y cuando el rostro volvió,
halló la respuesta, viendo
que iba otro sabio cogiendo
las hojas que él arrojó.

(Pedro Calderón de la Barca)

Obra de teatro

Alguns dos novos membros do club de lectura de 1º de ESO estades moi animados a representar unha obra de teatro a fin de curso. Tan animados que mesmo a estades escribindo vós. A obra ten que ver coa lectura que emprendimos estes días, "La Cenicienta" de PERRAULT. Mentres ensaiamos, onte martes na reunión do club tomamos estes acordos:
1-Facer unha lectura dramatizada do conto tradicional e gravala coa Tablet nas vindeiras reunións do club.
2-Facer un primeiro ensaio xeral do texto da Cenicienta escrita polos alumnos o día 27 de maio na hora de titoría.
3-Traer o día 27 de maio o esquema dos decorados e vestuario.
4-O texto queda fixado e desde hoxe xa non se admiten máis cambios.
5-A data probable da representación no salón de actos será o xoves 20 de xuño.

Noraboa pola vosa participación na Semana Cultural sobre patrimonio.
A próxima reunión é o martes que vén, 14 de maio, día que comezaremos a gravar a lectura dramatizada.
Mentres chega esa reunión, aquí tedes algo sobre Cenicienta.

http://es.wikipedia.org/wiki/Cenicienta