"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

sábado, 24 de marzo de 2012

SUCKER


Sucker é un conto de Carson MacCullers (Columbus, 1917- Nueva York, 1967) que narra a relación de dous primos, Pete e Sucker. Este último é orfo e vive na casa de Pete compartindo ademais a habitación con el. Hai catro anos de diferencia entre eles mais lévanse ben. Ata que Pete namórase de Maybelle e .....
Saberíamos contestar a estas preguntas? Supoño que si.

Cuestions:
  1. Qué idade teñen os protagonistas?
  2. Escribe un retrato físico de Maybelle.
  3. Analiza o carácter de Sucker ao longo do conto.
  4. Enumera o encadenamento de desprecios entre os dous protagonistas do relato.
  5. Cánto tempo transcorre desde que empeza  a historia ata que acaba?
  6. Comenta este texto: "Se unha persoa admira a un moito, enton un empeza a despreciala e non valoramos súa conduta; un  soe admirar á persoa que o ignora".
  7. Ao final do relato está moi presente o  sentimento de culpa que sofre Pete. Reflexiona nunhas poucas líñas sobre  a culpa e a súa relevancia na nosa sociedade ou sobre a importancia que este sentimento poida ter para ti personalmente.

lunes, 12 de marzo de 2012

ONDE LES TI?

Ocórreseme que podería ser interesante que cada un de nós contásemos ónde lemos. Ben, comezo eu. A min gústame moito ler polas noites na cama, creo que non podería durmir se  non lese algunhas follas antes. Tamén me gusta ler nun sofá ou butaca cómoda, como as que temos agora na biblioteca. E, por último, creo que un bo sitio para ler é o cuarto de baño, non tanto pola comodidade como pola utilidade.
Ben, e ti, onde les?