"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

jueves, 22 de diciembre de 2011

FELICES FESTAS LECTORAS


Nestas vacacións que comezamos hoxe temos dúas lecturas compartidas. Por un lado unha que quedou pendente, A fauna máxica de Álvaro Cunqueiro, por outro El misterio de la cripta embrujada de Eduardo Mendoza.
Vémonos, pois, para comentalas o martes 10 de xaneiro á hora de sempre e no lugar habitual.
Pasará Papá Noel pola nosa biblioteca?
Conseguiremos máis amigos lectores para o noso club?
Teremos que esperar para sabelo ao ano que vén.
FELICES FESTAS LECTORAS!