"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa
destruído, un corazón que chora" Proverbio indú

domingo, 30 de octubre de 2011

POEMAS DE XUÑO E XANEIRO: OUTUBRO


Co comezo deste novo curso, moitas cousas teñen mudado no noso club. Porén, tamén desexamos manter  as vellas costumes, e é por iso que, un mes máis, retomamos a nosa sección "Poemas de xuño e xaneiro".
Nesta ocasión, o poema foi elixido pola nosa compañeira Ana, e é, de feito, moi apropiado para nós, que, como alumnos do ensino secundario, estamos a vivir un momento das nosas vidas no que xa non somos nenos, mais aínda non somos adultos:

¿Dónde está el niño que yo fui?

Dónde está el niño que yo fui,
sigue adentro de mí o se fue?

Sabe que no lo quise nunca
y que tampoco me quería?

Por qué anduvimos tanto tiempo
creciendo para separarnos?

Por qué no morimos los dos 
cuando mi infancia se murió?
                                   Pablo Neruda

lunes, 24 de octubre de 2011

EL RÍO QUE SE SECABA LOS JUEVES


Os 94 relatos que compoñen este libro están repletos de humor e en ningún caso nos deixan indiferentes. Pero son realmente relatos? Sexan o que sexan, algúns deles chegan a provocar o sorriso (recomendo o relato los reyes godos y la mnemotecnia) mais outros deixan ao lector frío ou incitan a pechar o libro.
Están ilustrados con 30 sedutoras imaxes de Pablo Amargo cheas de metáforas.
O autor Víctor González ten un blog no que publica máis relatos. Recomendo el hombre y el león ou Tintín
Como din que un libro leva a outro, tal vez cando o terminemos poderíamos botarlle unha ollada ás greguerías de R. Gómez de la Serna. Qué vos parece?

domingo, 16 de octubre de 2011

ACORDOS DO CLUB DE LECTURA 2011-2012

O pasado martes 11 de outubro tivemos a primeira reunión do noso club. En realidade máis que unha reunión foi unha toma de contacto para comezar a camiñar. Eliximos o libro "El río que se secaba los jueves", un libro de contos curtos co que queremos pasar ratos agradables lendo e logo comentando entre nós.


Ademais tomamos o primeiro acordo deste curso:
Acordo 1º:-Non  xulgues un libro pola súa portada.