Porque cremos que os libros nos abren camiños que doutra maneira quedarían cerrados.
Porque cremos que os libros nos axudan a entender mellor nosas vivencias, a crecer, a ser persoas.
Porque cremos que ler esperta a nosa imaxinación e as gañas de aprender.
Porque cremos que un é o que é polo que leu.
Porque cremos que a lectura compartida enriquece as persoas.
Porque cremos que ler e comentar logo con outros esa lectura é un verdadeiro pracer.
POR TODO ISTO creamos este club de lectura e xa levamos dous anos.
Agora cremos chegado o momento de establecer uns acordos que marquen un sendeiro claro por onde todos poidamos camiñar.
Acordo 1- Todos temos dereito a ler un libro enteiro, pero tamén temos dereito a deixalo sen terminar se non nos gusta.
Acordo 2- Todos hemos de respetar as opinións e os gustos dos demais.
Acordo 3- Debemos dar unha oportunidade a todos os libros aínda que o autor, título ou portada non nos guste.
Acordo 4- Acordamos ler aqueles libros que eliximos entre todos.
Acordo 5- Acordamos procurar ler o libro elixido para a data establecida.
------ Acordos aprobados polo conxunto do club de lectura.
------ Acordos sen aprobar polo conxunto do club de lectura polo momento.